José Manuel Varela Ferreiro, nado en Val do Dubra o 20 de xuño de 1984, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Foi elixido candidato do PPdeG á alcaldía de Val do Dubra nas eleccións municipais de 2019. En ditos comicios foi a segunda forza máis votada tras Anova, e foi elixido alcalde co apoio de TEGA e un concelleiro independente cos que formou goberno. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e quedouse ás portas da maioría absoluta, mais non conservou a alcaldía dado que o PSdeG-PSOE e Anova pactaron a elección do socialista Diego Díaz Méndez como alcalde.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Val do Dubra
Categoría:Alcaldes de Val do Dubra Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes