Henry Wadsworth Longfellow , nado en Portland (Maine) o 27 de febreiro de 1807 e finado en Cambridge (Massachusetts) o 24 de marzo de 1882, foi un poeta estadounidense.

Traxectoria Un dos seus avós era senador estatal e o outro avó fora xeneral da Guerra Revolucionaria e deputado no Congreso. Despois da súa graduación en 1826 no Bowdoin College, onde era compañeiro de clase de Nathaniel Hawthorne, Longfellow foi a Europa para estudar; na Alemaña, familiarizouse co romanticismo e comezou a súa carreira coa tradución das Coplas, de Jorge Manrique.

En 1836, ao regresar aos Estados Unidos, ensinou francés e castelán en Harvard. Acada o éxito cando publicou en 1839 o poemario Voices of the Night que contén o famoso poema The Psalm of Life. Cando regresou aos Estados Unidos tres anos despois, ensinou linguas europeas, primeiro en Bowdoin e despois en Harvard.

miniatura|esquerda|Este é un dos seus famosos traballos chamado "Hiawatha". Despois de 18 anos de ensino en Harvard, renunciou ao seu cargo porque sentiu que interfería coa súa escritura. En 1854 comezou a dedicarse á literatura, publicando unha serie de poemas narrativos, como The song of Hiawatha (1855), unha visión idealizada da vida indíxena e The Courtship of Miles Standish (1858), que narra o romance dun antepasado. Antonín Dvořák afirmou ter escrito os dous movemientos centrais (II. Largo - III. Scherzo: Molto vivace) da súa ''Sinfonia Do Novo Mondo'' (No.9, Op. 95) inspirada na Hiawatha de Longfellow, e tamén indicou que faría toda unha obra adicada ao poema, aínda que esa obra nunca a rematou . En 1872, Longfellow publicou unha triloxía sobre o cristianismo, Christus: a Mistery. En 1876, publicou unha tradución de "A Divina Comedia " de Dante Alighieri.

Unha colaboración da súa autoría pódese atopar na revista portuguesa O paquete do Tejo (1866) e foi amigo de Pedro II. The Emperor and the Poet: Longfellow House’s Brazilian Connection, Longfellow House Bolletin, Volume 4, No. 2, A Newsletter of the Friends of the Longfellow House and the National Park Service, December2000. (texto em inglês).

Obras principais

Voices of the Night, 1839 Baladas, 1841 Poems on Slavery, 1842 Evangeline, 1847 (o seu poema mais popular). The Song of Hiawatha, 1855 The Courtship of Miles Standish, 1858 Christus: a Mistery, 1872 Tradución de A Divina Comedia, de Dante Alighieri, 1876

Na cultura popular Varios extractos de The Song of Hiawatha son cantados na segunda parte do álbum Incantations de Mike Oldfield. O mesmo poema foi adaptado ao cine en 1909 por William V. Ranous.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Río de Xaneiro. Nova fronteira. Trad. J. Lino Grünewald, ed. bilingüe.

Encyclopedia Britannica do Brasil, Vol. 9, ISBN 85-7026-489-5.

Ligazóns externas Poemas de Henry Wadsworth Longfellow e biografía en PoetryFoundation.org - Plain text and HTML Obras de Henry Wadsworth Longfellow no Internet Archive - libros escaneados, moitos ilustrados e edicións orixinais. Audio - Hear the Village Blacksmith Maine Historical Society base de datos. Longfellow National Historic Site en Cambridge, Massachusetts Wadsworth-Longfellow House en Portland, Maine Tradución de Longfellow's de Dante Citas de Henry Wadsworth Longfellow Audiolibros--Layne Longfellow Reads H.W. Longfellow

Categoría:Nados en Maine

Categoría:Nados en 1807

Categoría:Finados en 1882

Categoría:Tradutores do castelán

Categoría:Poetas dos Estados Unidos de América Categoría:Tradutores ao inglés