Manuel Pando Fernández de Pineda, nado en Madrid en 1792 e finado na mesma cidade o 20 de febreiro de 1872, foi Marqués de Miraflores e de Pontejos, Conde de Villapaterna e da Ventosa, Señor de Villargarcía del Pinar e de Miraflores. Político, diplomático e historiador español.
Foi embaixador de España en Londres en 1834 durante a Regencia de María Cristina de Borbón sendo un dos artífices da Cuádrupla Alianza. En 1838 foi embaixador en París. Foi nomeado durante pouco máis dun mes Presidente do Consello de Ministros en 1846, pero a convulsión dos primeiros días derribaron o seu goberno en favor de Ramón María Narváez. Posteriormente foi Ministro de Estado en 1851, e de novo Presidente do Consello en 1863. Pouco antes da Revolución de 1868 foi Presidente do Senado.
Foi membro da Real Academia da Historia.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de presidentes de España. Lista de presidentes do Senado de España.
Ligazóns externas Expediente do Senado
Pineda, Manuel Pando Fernandez Categoría:Nados en Madrid Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Presidentes do Senado de España Categoría:Presidentes de España Categoría:Condes de España Categoría:Marqueses de España Categoría:Nados en 1792 Categoría:Finados en 1872 Categoría:Embaixadores de España en Francia Categoría:Embaixadores de España no Reino Unido Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España