Miguel Alonso Fernández, coñecido como Miguel Alonso, nado en Ferrol o 12 de xuño de 1984, é un psicólogo, músico e escritor galego.

Traxectoria Estudou no Rodolfo Ucha Piñeiro e licenciouse en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta con varios discos publicados. Deuse a coñecer con Aprendiz de poeta (maqueta), seguiu con Está escrito en la calle e despois A noite dos cans.

Como poeta e escritor de relatos curtos participou en diferentes publicacións colectivas, como Pegadas, Dez Anos na Porta e Aldeas sen voz.

Traballa en obradoiros para colexios, como “CreaCANcións” onde compón cos alumnos cancións. Traballa no proxecto Minguante, unha mestura de pop e música de autor, con Óscar Martínez, e coa banda infantil Música Miúda, contacontos musical, xunto a Irene Quinteiro, Manu Pazos e Óscar Martínez.

Obra literaria

Novela

O caso Quintana (2017). 224 páxs. Vigo: Belagua Ed. ISBN 9788494175183. Protagonizada pola estudante de Psicoloxía Laura Mariño O caso dos amantes de París (2021). Vigo: Belagua Ed. 184 páxs. ISBN 978-84-121433-7-9. Un dobre asasinato cometido ás portas da residencia universitaria Monte da Condesa levará o nome da estudante de Psicoloxía Laura Mariño ás portadas dos xornais.

Poesía en castelán

Mentiras y lunas (2004).

Obra musical

Aprendiz de poeta (maqueta) Está escrito en la calle (2001) Luz de guía (2007) (autoedición). Con Víctor Méndez e Javier Santana. A noite dos cans (2010). 12 cancións en galego. O día despois da noie dos cans (2013). 4 cancións en galego. Edición dixital. Como dioses de alquiler (2014). 10 cancións en caselán. Manual de saudades (2015). Musicalización de poemas de Xavier Frías. Disco incluído no libro do mesmo título. Literaria (2018). 11 cancións en galego.

Dirección

Once máis 15. Poemas musicados (2009). Edicións do Cumio. 15 bandas e solistas que musicaron a 11 poetas en galego.

Premios

2002: X Certáme A Mocidade coa lingua 2010: Xuventude Crea, por A noite dos cans. 2010: 1º premio do III Certame de poesía de Mugardos. 2013: Axuda á Creación Nova do Injuve 2013: Lidera Ferrol 2013, con Días raros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Canle de Música miúda Literaria ao vivo Minguante: Se quixeses Web de Miguel Alonso

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1984 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Psicoloxía Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela