Felipe Mesones Temperán, nado en Buenos Aires o 9 de febreiro de 1936 e finado en Murcia o 15 de decembro de 2017, foi un futbolista e adestrador arxentino.

Traxectoria

Como xogador Xogaba de extremo dereito, era rápido, tiña facilidade para o desmarque e un forte golpeo do balón. Comezou a súa carreira futbolística no seu país, militando nas filas do Boca Juniors, o San Lorenzo de Almagro e o Atlanta, pasando logo polo Independente Santa Fe de Colombia, no que xogou unha tempada. A continuación trasladouse a España, onde xogou o resto da súa carreira, pasando polo Real Murcia, Levante, Hospitalet e Europa, retirándose neste último en 1967.

Como adestrador Tras colgar as botas regresou á Arxentina, onde comezou a súa carreira como adestrador dirixindo o San Telmo. A continuación volveu cruzar o océano Atlántico para volver ao fútbol español, no que desenvolveu o resto da súa carreira como técnico durante as seguintes tres décadas.

Tras unha tempada no Mahón, e dúas no Cartagena, de Tercera División, comezou a súa primeira etapa como adestrador do Real Murcia na tempada 1972/1973 da Segunda División. Na súa primeira campaña proclamouse campión da categoría, logrando o ascenso á Primeira División.

Na seguinte tempada conseguiu a permanencia, pero na campaña 1974/75 foi cesado tras 10 xornadas, sendo substituído por Puskás.

Nas seguintes campañas pasou polos bancos do Tenerife, Elxe, Hércules, Salamanca, Valladolid, Granada e Cartagena.

En 1987 comezou a súa terceira etapa no Elche, conseguindo o ascenso a Primeira División tras rematar subcampión de Segunda. Máis tarde pasou dúas tempadas de novo no Murcia, disputando na segunda delas a promoción de ascenso a Primeira, pero sendo derrotado polo Zaragoza.

Posteriormente pasou polo Salamanca (por terceira vez) e polo Betis, antes de comezar a súa segunda etapa no Valladolid, co que conseguiu o terceiro ascenso a Primeira da súa carreira. Nos seguintes anos adestrou varios equipos de Segunda e Segunda B, incluída unha terceira etapa no Murcia, converténdose no adestrador que máis partidos dirixiu no club (196). Pechou a súa carreira na tempada 2001/02 no Cartagonova.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do adestrador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 2017 Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do CA Atlanta Categoría:Xogadores do Club Independiente de Santa Fe Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do CE L'Hospitalet Categoría:Xogadores do CE Europa Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do Cartagena FC Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores do CD Tenerife Categoría:Adestradores do Elche CF Categoría:Adestradores do Hércules CF Categoría:Adestradores da UD Salamanca Categoría:Adestradores do Real Valladolid Categoría:Adestradores do Granada CF Categoría:Adestradores do Real Betis Balompié Categoría:Adestradores do Xerez CD Categoría:Adestradores do FC Cartagena