Michele Padovano, nado en Turín o 28 de agosto de 1966, é un exfutbolista italiano que xogaba como dianteiro.
Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no Asti TSC da Serie C2, antes de pasar polo Cosenza, Pisa, Napoli e Genoa. Entre 1993 e 1994 xogou no Reggiana, onde as súas actuacións chamaron a atención do adestrador da Juventus Marcello Lippi, que o fichou no verán de 1995. Coa Juventus gañou a Liga de Campións en 1996, marcando un gol en cuartos de final ante o Real Madrid, así como un dos lanzamentos durante a quenda de penaltis da final ante o Ajax.
Na súa época na Juve, o seleccionador Cesare Maldini convocouno para a selección italiana, coa que xogou un único encontro, unha vitoria por 3-0 ante Moldova, o 29 de marzo de 1997. Entrou no minuto 68, substituíndo ao tamén debutante Christian Vieri.
Unha grave lesión nun xeonllo relegouno ao filial do club, e finalmente foi vendido ao Crystal Palace en novembro de 1997. Xogou só 12 partidos na Premier League, marcando un gol contra o Leicester City. Posteriormente pasou polo Metz e polo Como, onde tampouco conseguir triunfar. A continuación regresou a Londres a reclamarlle ao Palace unha débeda dun millón de libras.
Non volveu xogar ningún encontro máis, poñendo fin á súa carreira no 2001.
Prisión En maio de 2006 foi detido pola policía italiana en Turín debido á súa implicación nunha trama de tráfico de haxix. En 2011 foi finalmente condenado a oito anos e oito meses de cárcere.
Palmarés Cosenza
Serie C1 (1): 1987/88.
Juventus
Serie A (1): 1996/97. Supercoppa Italiana (1): 1995, 1997. Liga de Campións (1): 1995/96. Supercopa de Europa (1): 1996. Copa Intercontinental (1): 1996.
Como
Serie C1 (1): 2000/01.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador en tuttocalciatori.net . Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Turín Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AC Pisa 1909 Categoría:Xogadores do SSC Napoli Categoría:Xogadores do Genoa CFC Categoría:Xogadores do AC Reggiana 1919 Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Crystal Palace FC Categoría:Xogadores do FC Metz Categoría:Xogadores do Calcio Como 1907 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia