O Premio Félix Houphouët-Boigny da paz estableceuno en 1990 a UNESCO, para honrar aos individuos vivos e ás entidades e institucións activas, tanto públicas como privadas que fixeran unha significativa contribución a promover, buscar, salvagardar ou manter a paz conforme a Carta das Nacións Unidas e a constitución da UNESCO.
O premio leva o nome de Félix Houphouët-Boigny, antigo presidente de Costa do Marfil e concédese con carácter anual. O premio ten unha contía de 100,000 dólares, que debe repartirse equitativamente en caso de múltiples receptores.
Gañadores 1991 Nelson Mandela, presidente do Congreso Nacional Africano, República de Suráfrica Frederik Willem de Klerk, presidente da República de Suráfrica.
1992 Academia da Haia de Dereito Internacional
1993 Isaac Rabin, primeiro ministro do estado de Israel, Shimon Peres, ministro de asuntos exteriores do estado de Israel, Iaser Arafat, presidente da Autoridade Nacional Palestina
1994 Xoán Carlos I, rei de España Jimmy Carter, expresidente dos Estados Unidos
1995 Oficina das Nacións Unidas do Alto Comisionado para os Refuxiados Sadako Ogata, Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados
1996 Álvaro Enrique Arzú Irigoyen, presidente da república de Guatemala Commandante Rolando Morán (alcume de Ricardo Arnoldo Ramirez de León), representante da Unidade Nacional Revolucionaria Guatemalteca
1997 Fidel V. Ramos, presidente da república de Filipinas Nur Misuari, dirixente do Fronte Moro para a Liberación Nacional, de Filipinas
1998 Sheikh Hasina, primeiro ministro da república popular de Bangladesh George J. Mitchell, senador estadounidense, conselleiro especial do presidente dos Estados Unidos en iniciativas sobre Irlanda.
1999 Comunidade de Sant'Egidio, Italia
2000 Mary Robinson, Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos
2001 Non concedido
2002 Xanana Gusmão, presidente da república democrática de Timor Leste
2003 Cardeal Roger Etchegaray, presidente emérito do Consello Pontificio Xustiza e Paz Mustafá Cerić, Gran muftí de Bosnia-Hercegovina
2004 Non concedido
2005 Abdoulaye Wade, Presidente da República do Senegal
2006 Non concedido
Ligazóns externas Sección da web da UNESCO dedicada ao premio.
Categoría:Paz Categoría:ONU