Mark Thomas Vande Hei, nado en Falls Church, Virxinia, o 10 de novembro de 1966, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións Soiuz MS-06, Soiuz MS-18 e Soiuz MS-19 e foi membro das expedicións 53, 54, 65 e 66 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Vande Hei graduouse en física pola Universidade Saint John (Collegeville, Minnesota) en 1989 e é máster en física aplicada pola Universidade Stanford en 1999. Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en xuño de 2009, completando o seu adestramento en xuño de 2011. Participou nas misións Soiuz MS-06, Soiuz MS-18 e Soiuz MS-19 e foi membro das expedicións 53, 54, 65 e 66 á Estación Espacial Internacional, pasando 168,22 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz MS-06 Soiuz MS-18 Soiuz MS-19 Expedición 53 Expedición 54 Expedición 65 Expedición 66 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Virxinia