Urbano Tarrío Montero, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1910 e finado no mesmo concello o 16 de marzo de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria Xornaleiro veciño de Rubiáns. Pertencía á Federación Local da CNT de Vilagarcía de Arousa. Foi detido pola Garda Civil en xaneiro de 1936 logo dunha pelexa na que agrediu a Jesús Daponte Barreiro.El Pueblo Gallego, 22-1-1936, p. 32. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e incorporouse ao grupo guerrilleiro de Rodrigo Beruete Alejandre. Ante a persecución da Garda Civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falanxe e a Garda Cívica de Vilagarcía agochouse na casa de Josefa Barreiro González. O 17 de marzo de 1937 entrou na casa de Josefa unha cuadrilla de falanxistas baixo o mando de Mouriño e mataron a Urbano alí mesmo. Levaron a Josefa á sede de Falange onde foi torturada e asasinada o 19 de marzo. Foi soterrada nunha fosa común do cemiterio municipal de Vilagarcía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da CRG

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937