Súbete a mi moto é unha serie de televisión de 2020 coproducida entre México e Porto Rico sobre o grupo de música xuvenil Menudo. A serie narra a historia da banda dende a súa creación ata a súa evolución e éxito internacional. Menudo foi a banda que lanzou estrelas musicais como Ricky Martin entre outros. En xullo de 2019, SOMOS Productions, Endemol Shine Boomdog e Piñolywood Studios anunciaron a produción de Súbete a mi moto.

A serie componse de 15 episodios de 60 minutos cada un, e estreouse a través de Amazon Prime Video o 9 de outubro de 2020 en México, América Latina e España. Foi rodada en México e Porto Rico. Estreouse nos Estados Unidos o 14 de febreiro de 2021 en Estrella TV.

Personaxes

Felipe Albors e Ethan Schwartz como Ricky Martin Marcelo Otaño e Eugenio Rivera como Ricky Meléndez Samu Jove como Xavier Serbia Gustavo Rosa como Sergio Blass Alejandro Bermúdez como Rene Farrait Lionel Otero como Johnny Lozada Mauro Hernández como Miguel Cancel Yamil Ureña e Braulio Castillo, Jr. como Edgardo Díaz, fundador de Menudo Sian Chiong como Joselo Vega Marisol Calero como Doña Panchi Josette Vidal como Julieta Torres Rocío Verdejo como Renata Torres Adrián Isaac Rivera como Rubén Gomez Diego Rodulfo Martínez como Charlie Masso Pedro Emiliano Vazquez como Robby Rosa Sergio Mancilla López como Ashley Ruiz Amanda Rivera Torres como Millie Aviles

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión de México Categoría:Series de televisión de Prime Video