Alingua é unha asociación de entidades locais creada para promover, coordinar, dinamizar, impulsar, asesorar e apoiar todas aquelas accións que fomenten o uso da lingua galega.
Actividade A asociación fundouse no ano 2019 polos seguintes concellos: Rianxo, Pontevedra, O Grove, Ames, Narón, Rois, Santiago de Compostela, A Baña, Betanzos, A Coruña, Ferrol, Moaña, Ponteceso, Redondela, Ribadeo, Teo e Vilagarcia de Arousa.
Na actualidade desenvolve os seguintes proxectos:
Apego: Un programa dirixido ás familias como axuda á socialización en galego dos máis cativos. Club de debate: Programa que tenta crear espazos de socialización e convivencia en galego, a través de xornadas de formación, traballos e ensaios de investigación, e intensas xornadas de debate. Esta dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos. Youtubeir@s: Programa dirixido a fomentar e visibilizar o uso do galego en Youtube. Enreguéifate: Proxecto que promove a lingua galega a través da difusión da improvisación oral en verso (regueifa). O gran reto: webserie na que unha persoa castelán documenta con vídeos o proceso de comezar a empregar o galego no seu día a día.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
https://alingua.gal
Categoría:Entidades de promoción do galego