miniatura|300x300px| Unha muller de Etiopía con cicatrices queloides e un enorme tapón labial. A escarificación ou cicatrización é unha forma de modificación do corpo, na que un deseño ou patrón é cortado, gravado ou rascado na pel humana para facer unha cicatriz permanente. Do mesmo xeito que coa maioría das modificacións do corpo, hai moitas razóns polas que a xente opta por ser escarificada. O acto de escarificar comparouse coa tatuaxe debido ao feito de que cambia permanentemente a pel. Tamén se identificou coa autolesión porque algunha xente o utilizou para cubrir as feridas autoinflixidas.

A escarificación comezou como identificación cultural nalgúns lugares, especialmente en sociedades maorís e africanas. Outras culturas poden usalo por motivos relixiosos, e case todas as culturas utilízano por motivos estéticos. Algunhas persoas tamén usan a escarificación por pracer, xa que o proceso de escarificación crea endorfinas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Modificación corporal Tatuaxe Auto-mutilación

Categoría:Arte corporal Categoría:Cultura maorí Categoría:Cultura de África