Grace Olive Wiley, nada en Chanute, Kansas, en 1883 e finada en Long Beach, California, o 20 de xullo de 1948, foi unha herpetóloga estadounidense coñecida polo seu traballo con serpes velenosas. Faleceu dunha mordedura de serpe que recibiu mentres posaba para unha fotografía aos 64 anos..
Traxectoria Wiley traballou orixinalmente como entomóloga na Universidade de Kansas, mais a mediados dos seus trinta anos comezou a recoller e observar serpes de cascabel mentres realizaba traballos de campo no suroeste dos Estados Unidos. En poucos anos converteuse na primeira persoa en criar serpes de cascabel en catividade.“Deadly snakes are just pets to this woman”. Chicago Daily Tribune. 3 de abril de 1934. páx. 3. En 1923, foi nomeada conservadora da Biblioteca Pública de Minneapolis, que tiña unha extensa colección de réptiles e anfibios vivos no seu hoxe desaparecido museo de historia natural."Snakelets". Time. 31 de xullo de 1933.
Métodos e polémicas Wiley recibiu moita atención mentres traballaba en Minneapolis, ata aparecer en publicacións nacionais como Time e Life. Nese momento, era pouco usual que unha muller fose conservadora de réptiles,Ross, Andrea Friederici. Let the Lions Roar. Brookfield, Illinois: Chicago Zoological Society, 1997. p. 32. e Wiley gañou unha reputación como "muller sen medo". Aproveitando a súa fama, Wiley esforzouse por cambiar a percepción negativa do público cara ás serpes, argumentando: "O medo ás serpes cultívase. Non nacemos con iso. Os nenos adoran as serpes tan naturalmente como os cans e os gatos. Non teñas medo da lingua dun réptil. O único animal que pode ferir coa súa lingua é o demo".
Wiley argumentou que mesmo as serpes velenosas eran inofensivas se se adestraban adecuadamente. Presumía de que domesticara máis de 300 serpes velenosas ao longo da súa vida, e manexaba habitualmente serpes de cascabel, cobras, Agkistrodon contortrix e mambas coas súas mans, evitando calquera instrumento especial como ganchos ou pinzas.Miller, Christie. “Grace Olive Wiley: Cobra Queen”. Reptile & Amphibian Magazine. Marzo–abril de 1997. p. 26-30. Tamén deixaba as gaiolas das serpes abertas durante longos períodos de tempo e permitía que as especies velenosas se arrastrasen polo seu espazo de traballo.
Aínda que Wiley non recibiu mordidas de serpe graves durante o seu tempo na Biblioteca de Minneapolis, os seus hábitos puxérona aos poucos en conflito con moitos dos seus colegas, que temían pola súa seguridade de Wiley e a deles. Despois dunha serie de disputas, Wiley finalmente recibiu presións para que abandonase a Biblioteca en 1933. Wiley atopou rapidamente un novo traballo como conservadora de réptiles no Zoo de Brookfield, que abriu nos suburbios do oeste de Chicago en 1934, e levou a colección da biblioteca de 236 réptiles e anfibios con ela."New Zoo". Time. 2 de xullo de 1934. Desafortunadamente, os seus métodos casuais de manexo das serpes tampouco foron apreciados polos membros do persoal do zoolóxico e despois de que permitise que 19 serpes escapasen das súas gaiolas en 1935, foi despedida polo director do zoolóxico Robert Bean.“Snakes”. Chicago Daily Tribune. 22 de setembro de 1935. páx. 18.
Anos californianos Despois de saír do zoo de Brookfield, Wiley trasladouse a California, onde se converteu en adestradora de serpes e en consultora de réptiles para filmes de Hollywood como Moon Over Burma, The Jungle Book e a serie de Tarzán.“Grace Olive Wiley”. Southeastern Hot Herp Society . Consultado o 2006-09-05. Tamén dirixiu un zoolóxico de réptiles en Cypress, California, onde cobraba 25 centavos para que os visitantes puidesen ver a súa gran colección persoal.
O 20 de xullo de 1948, Wiley invitou o xornalista Daniel P. Mannix para que fotografase a súa colección. Mentres ela posaba cunha cobra india velenosa, o flash da cámara do fotógrafo asustou a serpe e esta lanzouse. Ela parouna, mais foi mordida e pediu que a trasladasen a un hospital. Desafortunadamente, o seu único frasco de antídoto de cobra (do Instituto Haffkine) rompera accidentalmente e o hospital tiña soros antiveleno só para serpes norteamericanas. Wiley foi declarada morta menos de dúas horas despois de ser mordida.“Creeping Death”. Time. 2 de agosto de 1948. Aínda que os seus familiares e amigos trataron de preservar a súa colección, finalmente foi poxada, e a serpe que matou a Wiley foi posteriormente exhibida nunha atracción de estrada en Arizona.
Pouco antes de morrer, a historia da vida de Wiley foi adaptada nunha banda deseñada (True Comics #58, 1947).Reading Room Index to the Comic Art Collection . Michigan State University Libraries. Consultado o 2006-09-05.
Legado Wiley describiu Rheumatobates hungerfordi, unha especie de xérrido, e lémbrase nos nomes do Anolis cristatellus das Illas Virxes (Anolis cristatellus wileyae) e do insecto Cenocorixa wileyae, un Corixidae. En 2006, a cidade de Long Beach inaugurou o Grace Park, que leva o nome de Wiley."Grace Park Opened Officially With Ribbon Cutting ". City of Long Beach Website. Consultado o 2006-09-05.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Retrato de Grace Olive Wiley na revista Life Photographs from the Minneapolis Photo Collection A Profile from Mental Floss
Categoría:Nados en Kansas Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Herpetólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por envelenamento