Francisco Villaverde Marcos, nado en Ames, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Foi candidato á alcaldía da Baña nas eleccións municipais de 1979 pola candidatura Independientes Parroquiales, sendo elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Nas municipais de 1983 foi de novo candidato pola formación independente e foi reelixido cunha ampla maioría absoluta. Nas municipais de 1987 foi candidato do PSdeG-PSOE e volveu se reelixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que en 1991. Neste último mandato foi deputado provincial. Perdeu a alcaldía en 1995 fronte ó PPdeG, que logrou a maioría absoluta. Foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1996, se ben non foi elixido.
Posteriormente trasladouse a Ames, onde foi elixido concelleiro polo PSdeG-PSOE nas municipais de 2007, responsabilizándose das áreas de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico. Nas municipais de 2011 foi suplente na candidatura socialista, pero tras unha cascada de dimisións volveu ser concelleiro en maio de 2013, nesta ocasión na oposición, asumindo tamén a Secretaría Xeral dos PSdeG en Ames dende setembro de 2012Francisco Villaverde, elixido por unanimidade novo secretario xeral da Agrupación Socialista de Ames. Concorreu ás municipais de 2015 e 2019 en postos testemuñais, logrando os socialistas a alcaldía en ambas as ocasións. Continuou como Secretario Xeral dos socialistas de Ames ata marzo de 2022, cando foi relevado polo alcalde Blas García e pasou a ocupar a secretaría de Relacións Institucionais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Baña
Ligazóns externas Executiva do PSdeG de Ames
Categoría:Alcaldes da Baña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes