Facundo Freitas Costa nado en Montevideo o 12 de decembro de 2002 e coñecido popularmente polo seu nome artístico Freitas é un cantante español.

Traxectoria De orixe latina e nado no Uruguai, Freitas trasládase a España con tan só un ano de idade, onde desenvolve a súa paixón pola música. Con 15 anos, decide investigar máis sobre o tema e matricúlase nun curso de técnico de produción musical e son, onde empeza a gravar as súas primeiras cancións. Xa con 17 anos publica a súa primeira canción profesional chamada "Fuego", e despois de 2 anos na industria anuncia o lanzamento do seu primeiro álbum musical chamado Fe.

Tras comezar a súa carreira musical baixo o nome artístico "Facundo Freitas", o coruñés embarcouse nunha nova etapa como "Freitas".

Primeiras actuacións e concertos Durante o ano 2023, o artista realizou as súas primeiras actuacións ante o público, compartindo escenario con artistas como Dasoul ou Heredeiros da Crus e pasando por cidades e concellos como Sant Andreu de la Barca, Guijuelo, O Porriño ou Salamanca, conseguindo neste último un sold out vendendo as 3.400 entradas dispoñibles para o espectáculo. thumb|Freitas durante su concierto en Santa Marta de Tormes (Salamanca).

Discografía Álbums de estudio 2022: Fe

Premios e nomeamentos En marzo de 2022 foi nomeado aos Premios MIN nas categorías de mellor artista emerxente, canción do ano, mellor letra orixinal, mellor vídeo musical e mellor produción musical.

Notas

Categoría:Nados en 2002

Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Cantantes de España