Dólar de ouro da Exposición da Compra de Luisiana140x140px140x140px1º anverso "1 Dollar Thomas Jefferson". Numista.comThomas Jefferson. UNITED STATES OF AMERICA2º anverso "1 Dollar William McKinley". Numista.comWilliam McKinley.UNITED STATES OF AMERICA140x140pxReverso comúnPóla de oliveira. ONE DOLLAR / 1808 - 1908LOUISIANA PURCHASE EXPOSITION / ST. LOUIS Valor: 1 dólar. Gravador: Charles E. Barber. Data de emisión: 1903. Ceca: Casa da Moeda dos EEUU:ceca de Filadelfia. Tiraxe: 125.000 con cada anverso (delas 35.000 refundidas). Aliaxe: 90 % ouro e 10 % cobre. Diámetro: 15 mm. Peso: 1,672 g. Canto: estriado.
O dólar de ouro da Exposición de Compra de Luisiana é unha moeda de ouro estadounidense co valor facial dun dólar emitida en 1903 pola Casa da Moeda de Filadelfia en conmemoración da Exposición Universal de San Luís de 1904, que celebraba o centenario da Compra de Luisiana.
Este dólar, deseñado polo gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Charles E. Barber, cuñouse en dúas variantes, unha co expresidente Thomas Jefferson no anverso e outra con William McKinley, ambas cun reverso común
Os promotores da Exposición da Compra da Luisiana (coñecida informalmente como Exposición Universal de San Luís), cuxa inauguración estaba inicialmente prevista para 1903, idearon a creación dunha moeda conmemorativa como medio para recadar fondos, do mesmo xeito que sucedera en ocasións anteriores co medio dólar colombiano ou co dólar Lafayette. O Congreso autorizou a emisión en 1902 e as autoridades da exposición, entre elas o numismático Farran Zerbe, propuxeron que se realizase con dous deseños diferentes, para facilitar as súas vendas. No momento da súa distribución, o prezo de cada unha destas variantes era de tres dólares e púidose adquirir non só como simple moeda, senón tamén montada nunha xoia ou nunha culler.
Contrariamente ás previsións iniciais, as moedas non gozaron dunha boa aceptación no mercado e moitas delas acabáronse fundindo finalmente. Zerbe, encargado da súa comercialización, quen asegurara que mantería o prezo destas moedas, acabou por non facelo, xa que o seu prezo baixou despois de concluír a exposición. Este feito, no entanto, non danou a súa traxectoria como comerciante numismático, xa que seguiu a ser comisionado para a comercialización doutras emisións conmemorativas e chegou a presidir a Asociación Numismática dos Estados Unidos.
Co paso do tempo, os dólares da Exposición de San Luís foron mellorando a súa cotización e en 1915 recuperaron o prezo que tiveran no momento da súa emisión. No mercado actual estes dólares valóranse entre os centos e os miles de euros, en función do seu estado de conservación.
Antecedentes
miniatura|238x238px|Timbre utilizado para a Exposición da Compra de Luisiana de 1904 en San Luís.Official Catalogue of Exhibitors. Universal Exposition St. Louis, U.S.A. 1904. Official Catalogue Company, St. Louis. Páxina 10.
Unha gran parte da zona próxima ao río Mississippi foi explorada polos franceses durante os séculos XVII e XVIII. En 1682, René Robert Cavelier de La Salle reclamou para Francia toda a conca do río, que nomeou Luisiana, na honra de Lois XIV. Aínda que Francia perdeu a maior parte do seu territorio americano na guerra contra os indíxenas (1756-1763), a conca do Mississippi non pasou ás mans dos vencedores —fundamentalmente os británicos—, xa que fora transferida a España polo Tratado de Fontainebleau en 1762.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 22-23.
As ansias de Napoleón dun Imperio Francés, á súa chegada ao poder en 1799, lograron que España devolvese estes territorios en 1800 polo terceiro Tratado de San Ildefonso e outros acordos. Estes pactos foron secretos, e o presidente dos Estados Unidos, Thomas Jefferson, coñeceunos en 1801. Temendo o pechamento do porto de Nova Orleáns para a navegación estadounidense, enviou a Francia o exsenador por Virxinia James Monroe para que axudase ao ministro estadounidense Robert Livingston a comprar o baixo Mississippi, para o cal o Congreso destinou dous millóns de dólares.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 23.
miniatura|189x189px|Selo do Servizo Postal dos EEUU emitido para a Exposición da Compra de Luisiana, que amosa a parte do país procedente desa compra.
Cando a delegación estadounidense se reuniu con Napoleón comprobou que o emperador era partidario de vender todo o territorio, gran parte do cal estaba aínda sen cartografar e sen explorar polos occidentais. Logo das negociacións, acordouse un prezo de 60 millóns de francos e outros 20 millóns máis para aboar as reclamacións dos cidadáns desas zonas contra Francia. O tratado asinouse o 30 de abril de 1803 e, aínda que se cuestionou se se dispuña da potestade constitucional para a adquisición, o Senado ratificouno o 20 de outubro dese mesmo ano. A toma de posesión formal do territorio por parte dos Estados Unidos tivo lugar dous meses despois.
A compra de Luisiana duplicou o tamaño dos EEUU. Co desexo de honrar o centenario deste acontecemento, o Congreso aprobou un proxecto de lei para autorizar unha gran exposición universal, que foi convertido en lei pola sinatura do presidente McKinley o 3 de marzo de 1901. McKinley foi asasinado en setembro dese mesmo ano.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 120.
Preparación miniatura|238x238px|Charles E. Barber, sexto gravador xefe da US Mint, autor do dólar de ouro da Exposición da Compra de Luisiana.
A Exposición da Compra de Luisiana foi autorizada polo Congreso o 28 de xullo de 1902 e cando o presidente Theodore Roosevelt asinou unha lei de asignacións que incluía unha cláusula de cinco millóns de dólares para a súa subvención. Esta norma autorizaba o pagamento de 250.000 moedas dun dólar de ouro aos organizadores da exposición como parte da asignación. A lei non especificaba, porén, nin o texto nin o deseño que deberían ter estas novas moedas, senón que este asunto ficaba á discreción do secretario do Tesouro.Bureau of the Mint (1904). Páxinas 104-105.
Os investigadores Anthony Swiatek e Walter Breen, na súa enciclopedia sobre as emisións conmemorativas estadounidenses, a posterior decisión de elaborar dous modelos diferentes deste novo dólar de ouro produciuse "mediante algún tipo de acordo non rexistrado". A lei era o suficientemente ambigua como para permitir esa interpretación e, así as cousas, o numismático Farran Zerbe instou a Casa da Moeda a cuñar máis dun tipo de moeda, argumentando que deste xeito aumentarían as súas vendas.Bowers, Q. D. (1992). Capítulo 9. Parte 4. Zerbe non era só un coleccionista de moedas senón que se convertera nun numismático moi recoñecido por mor da súa exposición itinerante Money of the World ("Diñeiro do mundo"); el participou na comercialización de varias moedas conmemorativas, desde o medio dólar colombiano de 1892 ata as moedas conmemorativas da Exposición Panamó-Pacifico de 1915, e no caso do dólar de ouro da Exposición da Compra de Luisiana gozou en exclusividade da concesión da súa distribución.Hunt, J.; Wells, J. (2004). Páxinas 41-42.
miniatura|300x300px|Impresións de cuño sobre cartolina do reverso e de ambas as versións do anverso do dólar de ouro da Exposición da Compra de Luisiana. A póla de oliveira do reverso é de maior tamaño que a finalmente cuñada nas moedas."1903 MS Louisiana Purchase Three-Piece Cardboard Die Trial Impressions". Heritage Auctions. Lote 2166. 31 de xullo de 2008.
O 12 de agosto de 1902, o secretario do Tesouro Leslie M. Shaw escribiulle ao exgobernador de Missouri David R. Francis, un dos promotores da exposición, para lle preguntar acerca do deseño que quererían ver os encargados da exposición no reverso das moedas dun dólar. Malia non se conservar a resposta de Francis, as autoridades da Casa da Moeda dos Estados Unidos decidiron xa nun principio colocar unha póla de oliveira arredor do número "1". Ao parecer, o director da US Mint, George E. Roberts, non era partidario deste deseño, xa que o 2 de outubro de 1902 o superintendente da Ceca de Filadelfia lle escribiu e achegou as impresións en cartolina duns reversos orixinais e outros revisados; esta revisión do deseño amosaba o valor da moeda en letras e a carta dicía que os cambios se facían por requirimento de Roberts.
O 13 de outubro, Barber desprazouse a Washington, onde estaba a sede da dirección da US Mint, para tratar con Roberts o asunto dos deseños. Roberts considerou que a póla de oliveira resultaba "demasiado rechamante" en comparación co tamaño das letras e da propia moeda, e pediu que se reducise o seu tamaño. En setembro de 1902, os traballos dos cuños para os anversos, que representaban os bustos de McKinley e de Jefferson, e nos que estaba a traballar o gravador xefe Charles E. Barber, estaban xa moi avanzados.Taxay, D. (1967). Páxina 21.
Deseño miniatura|160x160px|Esta medalla deseñada polo propio Barber serviu de base para o busto de McKinley no anverso do dólar de ouro."Charles E. Barber's Medals | William McKinley Presidential Medal ". American Numismatic Association.
miniatura|160x160px|A medalla da paz cos indios (1801) deseñada por John M. Reich serviu de modelo para o busto de Thomas Jefferson no anverso do dólar de ouro."Jefferson Indian peace medal (obverse and reverse)". Google Arts & Culture.
Barber tomou o deseño do busto de Jefferson do anverso dunha medalla da paz cos pobos indíxenas que fora deseñada e gravada en 1801 por John Reich, que pola súa vez tomara como modelo unha escultura do busto do expresidente creada por Jean-Antoine Houdon. No caso da moeda co busto de McKinley, o gravador xefe Barber partiu dun deseño propio que el mesmo utilizara anteriormente para unha medalla presidencial que fora producida pola Casa da Moeda.Taxay, D. (1967). Páxina 19. Esta medalla de Barber fora modelada no seu día a partir do modelo natural.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 120.
O reverso, para ambas as moedas, contiña o valor facial, unha lenda conmemorativa relativa á exposición e unha póla de oliveira sobre as datas do centenario da compra de Luisiana.
Valoracións críticas O comerciante numismático B. Max Mehl considerou esta emisión como "a máis atractiva de todos os nosos dólares de ouro conmemorativos".Mehl, B. M. (1937). Páxina 49. Porén, outros autores non estiveron de acordo; Swiatek e Breen criticaron estas moedas, afirmando que "os trazos faciais de Jefferson, inexactamente representados por Barber, adquiriron unha semellanza con Napoleón Bonaparte, a outra parte da transacción de Luisiana". Tamén afirmaron que McKinley estaba irrecoñecible pola gravata de lazo e sinalaron, no relativo ao reverso, que " a póla de oliveira —se esa é a planta que se pretende— pode referirse á adquisición deste territorio de 828.000 millas cadradas por medios pacíficos. O historiador numismático Don Taxay criticou que se tomase como modelo a medalla de Reich, indicando que era "pouco elegante, con Jefferson inclinado cara a adiante de xeito desagradable no círculo, como se fose colocado alí por un Procrusto moderno". Taxay indicou que a representación de McKinley realizada por Barber tería provocado a valoración de "mortal" por parte do vello inimigo do gravador xefe, o escultor Augustus Saint-Gaudens.