Delfín Fidalgo Fernández, nado en Ourense en 1944, é un empresario e político galego.
Traxectoria Aveciñado en Ferrol. Foi presidente da Asociación Galega de Campings. Nas eleccións municipais de 1987 foi o número 2 da CPG en Ferrol, se ben esta formación non obtivo representación. Nas municipais de 1991 encabezou como independente a candidatura do PSdeG-PSOE en Valdoviño, empatando a 5 concelleiros co PPdeG e logrando a alcaldía co apoio do BNG, CDS e Esquerda Unida, cos cales estableceu unha coalición de goberno. En abril de 1992 rompeu o pacto co CDS e Esquerda UnidaLa Voz de Galicia, Ferrol, 8-4-1992, p.39., e trala dimisión do único edil nacionalista en maio de 1993, estableceu un acordo de goberno co popular Miguel Ángel Pérez QuintelaLa Voz de Galicia, Ferrol, 10-8-1993, p.39.. Ao longo do mandato foise producindo un progresivo afastamento co grupo socialista, chegando incluso a formulárselle a posibilidade de encabezar a candidatura do PPdeG en 1995, pero finalmente optou por retirarse da política á fin do mandato''La Voz de Galicia, Ferrol, 28-3-1995, p.37..
Posteriormente, volveu centrarse na súa actividade profesional, chegando a ser conselleiro de Turgalicia e coordinador da Fundación Vicente RiscoEntrevista en La Voz de Galicia.
Vida persoal Casou e tivo 3 fillosEntrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 29-4-1993, p.45..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Valdoviño
Categoría:Alcaldes de Valdoviño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes