Gregory Reid "Tonto" Wiseman, nado en Baltimore, Maryland, o 11 de novembro de 1975, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz TMA-13M e foi membro das expedicións 40 e 41 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Wiseman graduouse en computación e enxeñaría de sistemas polo Instituto Politécnico Rensselaer de Troy, en Nova York, en 1997, e é máster en enxeñaría de sistemas pola Universidade Johns Hopkins en 2006. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 2009, completando o seu adestramento en maio de 2011 e participando na misión Soiuz TMA-13M, sendo membro das expedicións 40 e 41 á Estación Espacial Internacional. Pasou 165,33 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz TMA-13M Expedición 40 Expedición 41 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Maryland