O Boulton Paul Defiant era un interceptor británico que operou coa Royal Air Force (RAF) durante a segunda guerra mundial. O Defiant foi deseñado e fabricado por Boulton Paul Aircraft como un "caza de torreta", sen ningún canón fixo que disparase cara a adiante, unha configuración que tamén usaba o Blackburn Roc da Royal Navy.
En combate o Defiant foi efectivo destruíndo bombardeiros, o rol para o que fora deseñado,Verkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 334 pero era vulnerabe ao máis manobrable caza Messerschmitt Bf 109 da Luftwaffe. O Defiant deseñárase para destruír bombardeiros sen escolta a través de ataques ventraisVerkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 334Verkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 145 e polo tanto carecía de armamento que disparase cara a adiante, o que demostrou ser unha gran debilidade en combates diúrnos contra cazas. Porén, tivo éxito cando se converteu nun caza nocturno.Wheeler 1992, p. 48. Finalmete equipou a trece escuadróns nese rol,Cagill 2005, p. 44 en comparación con só dous escuadróns como caza diúrno,Cagill 2005, p. 41 aínda que en parte isto debeuse á lenta produción inicial.Verkaik (2020). Defiant Forgotten heroes of the Battle of Britain. Robinson. p. 309 A mediados de 1942 foi substituído por mellores cazas nocturnos, o Bristol Beaufighter e o de Havilland Mosquito.
O Defiant continuou operando como adestrador de artilleiros, remolcador de brancos, contramendidas electrónicas, e rescate no mar. Entre os pilotos da RAF era alcumado "Daffy".
Notas
Bibliografía
Caygill, Peter. Flying to the Limit: Testing WW II Single-engined Fighters. Casemate Publishers, 2005.
Wheeler, Barry C. The Hamlyn Guide to Military Aircraft Markings. London: Chancellor Press, 1992. .
Categoría:Cazas británicos da segunda guerra mundial Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1937