A lexicoloxía é a rama da lingüística que estuda o léxico, á súa orixe, as relacións entre conceptos e palabras e a estrutura de relacións que se establecen entre as palabras que constitúen o léxico dunha lingua.lexicoloxía no Dicionario da Real Academia Galega.

Lexicoloxía e lexicografía A lexicoloxía é moi diferente da lexicografía. A lexicografía pretende simplemente describir ou recoller formas léxicas e céntrase nunha lingua particular. Como tal, a lexicografía é unha disciplina instrumental cuxo fin é a elaboración de dicionarios e vocabularios nos cales ofrécense informacións de orde etimolóxico, categorial, combinatorio, semántico e contextual sobre cada un dos termos censados. Porén, a lexicoloxía pretende facer xeneralizacións sobre a estrutura do léxico, as relacións entre palabras e o modo en como a lingua representa certas áreas semánticas. A lexicoloxía trata asuntos como: A orixe das palabras (etimoloxía), algo para o que se require o auxilio da lingüística histórica. As relacións entre conceptos e palabras (onomasioloxía e semasioloxía). A estrutura de relacións semánticas que se establecen entre as palabras que constitúen o léxico dunha lingua.

Un dos principais problemas da lexicoloxía foi e segue a ser a definición do que habitualmente se chama palabra, xa que o termo resulta demasiado impreciso e prefírese falar de "unidade léxica", que acolle un ámbito máis extenso e xeral de formas.

Procesos de formación de palabras As palabras que forman parte das categorías léxicas poden combinarse entre si para dar lugar a novas palabras. Para iso as linguas do mundo usan diversos procedementos: Composición lingüística Derivación lingüística Parasínteses

En cambio categorías funcionais considéranse clases pechadas que non resultan explicitamente ampliábeis mediante ningún proceso produtivo de formación de palabras. Porén, na evolución histórica dunha lingua o inventario de palabras funcionais varía porque se gañan ou se perden elementos, e o proceso máis importante de creación de novas palabras funcionais é a gramaticalización.

O caso do galego No caso da lexicoloxía na lingua galega a súa competencia corresponde a Real Academia Galega, consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente; porén as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, e teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega."Institucións" no Portal da Lingua Galega.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Onomasiology Online (OnOn) (ed. Joachim Grzega, Alfred Bammesberger, Marion Schöner) English and General Historical Lexicology (by Joachim Grzega and Marion Schöner)