miniatura|275x275px|Brazalete dun oberkapo (kapo xefe). Kapo (ás veces Capo) era un termo usado para certos presos, tamén chamados Funktionshäftlinge (singular: Funktionshäftling) que traballaron dentro dos campos de concentración nazis durante a segunda guerra mundial en varias das posicións administrativas máis baixas.

Etimoloxía A orixe da palabra non está clara. Kapo podería ser:

- Segundo a Jewish Virtual Library, contracción do termo eufemístico Kameradschaftspolizei, algo así como "policía de camaradería", onde "camaradería" alude tanto ao compañeirismo entre os presos como á relación especial do capo cos administradores do campo.

- Adaptación do italiano il capo, "a cabeza" ou "o capataz".

- Segundo Dubiden, contracción do nome do rango militar francés caporal (cabo).

- Segundo Robert D. McFadden, gañador dun Premio Pulitzer en 1996, a palabra procede do termo Lagerkapo ("capitán de campo").

No caso de que a palabra proviñese do italiano, non sería necesariamente un termo de orixe militar, senón que probablemente chegase cos obreiros migratorios como forma de referirse ao capataz. Capo é, a pé de obra, un termo normal para referirse ao oficial de albanel que exerce funcións de capataz. Posibelmente así pasou a palabra Kapo xa de forma temperá no campo de concentración de Dachau á linguaxe propia dos deportados ("Lagerszpracha“). No campo de concentración de Auschwitz úsase o termo en ordes nas que se prohibe explicitamente a participación dos kapos nos grupos de traballo (Arbeitskommandos).Darstellungen und Quellen zur Geschichte von Auschwitz: Standort- und Kommandanturbefehle des Konzentrationslagers Auschwitz 1940-1945. Norbert Frei (editor), Thomas Grotum (editor), Jan Parcer (editor), Sybille Steinbacher (editora), Bernd C. Wagner (editor), Institut für Zeitgeschichte (autor).

Para o escritor italiano Primo Levi, sobrevivente de Auschwitz, o termo Kapo "alemán deriva directamente do italiano e a pronuncia truncada introducida polos prisioneiros franceses [···] é preferida en Italia precisamente polo seu valor diferenciador".

Organización Normalmente, os kapos non realizaban traballos manuais, senón que exercían funcións de supervisión. Asignábanselles capataces e gozaban de privilexios relativos en comparación cos demais presos (mellor alimentación e mellores condicións laborais), o cal aumentaba as súas posibilidades de supervivencia. A decisión da SS de escoller a un ou outro prisioneiro como Kapo era táctica, e o seu obxectivo era que as ordes se transmitisen da forma máis fluída posible e se impuxesen sen escrúpulos. Kapos foron por exemplo criminais profesionais, antigos integrantes da SA ou presos políticos. No campo de Ravensbrück, a SS elixía ao principio con frecuencia a presos clasificados 'antisociais' ou 'criminais' como Funktionshäftlinge. Con todo, a partir de 1941 comezou a elixir a presos políticos para sacar proveito da súa eficiencia e disciplina.https://www.youtube.com/watch?v=gY2vUufKrek (A partir do minuto 34:35)Die Frauen von Ravensbrück, 2005, (directora: Loretta Walz). Película documental con entrevistas a mujeres supervivientes del campo de Ravensbrück. Nalgúns campos instaurouse un "servizo de orde xudía" (Jüdischer Ordnungsdienst), herdeiro da "policia xudía" dos guetos.

O cambio da estrutura de administración dun campo adoitaba levar o cambio da estrutura dos kapos.

Algúns kapos mantiveron unha certa integridade moral e desempeñaron labores que melloraron notablemente a vida nos campos, chegando a ser respectados polo conxunto dos presos. Walter Cramer, por exemplo, foi kapo da enfermaría do campo de Buchenwald e declarado en 1999 xusto entre as nacións.

Cine e literatura A figura do kapo describiuse en moitos libros, entre eles Se isto é un home de Primo Levi e O home en busca de sentido de Viktor Frankl, tratado neste caso desde o punto de vista dun psiquiatra. Tamén se menciona na autobiografía de Elie Wiesel, A noite.

A película Kapò de Gillo Pontecorvo de 1959 conquistou nomeamento ao Óscar e foi premiada en festivais. Outras películas onde aparecen "kapos" son La vita è bella de Roberto Benigni, A decisión de Sophie de Alan J. Pakula, Nuit et brouillard de Alain Resnais, Porteiro de noite de Liliana Cavani, O escape de Sobibor, God on trial, O fillo de Saúl (Saul fia) e El fotógrafo de Mauthausen (Mar Targarona). Tamén aparece na serie Jaguar, de Carlos Sedes. Notas

Categoría:Alemaña nazi Categoría:Campos de concentración nazis Categoría:Holocausto