800 metros é unha miniserie documental española de 2022. A serie explora os eventos ocorridos nos atentados de Cataluña de 2017.
Sucesos Os ataques comezaron o 17 de agosto de 2017 no paseo da Rambla de Barcelona ao botarse unha furgoneta Fiat Talento branca alugada contra ducias de persoas que paseaban pola parte alta da Rambla de Barcelona. Segundo testemuñas oculares, o condutor ía facendo eses ao longo duns 550 metros para poder atropelar máis xente. O vehículo parou no medio da Rambla, xusto sobre o Mosaico do Pla de l'Os de Joan Miró. Deseguido, o condutor deixou a furgoneta e fuxiu.
Horas despois, Estado Islámico reivindicou o atentado mediante a súa axencia de novas Amaq. No ataque de Barcelona confirmáronse quince mortos –entre eles un neno de 3 anos– un centenar de feridos, quince deles graves. Por outra banda, horas despois do ataque de Barcelona, entre a noite do 17 ó 18, á 1:15 da mañá, produciuse outro atentado en Cambrils. Cinco terroristas foron abatidos na operación, que se saldou con seis feridos. Unha muller resultou ferida de gravidade en Cambrils e morreu horas despois.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua catalá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de España