Na mitoloxía grega, Doris (en grego antigo: Δωρίς Dōrís, "a que regala")Esta etimoloxía aparece en Hesíodo: obras e fragmentos, volume 13 da Biblioteca Clásica Gredos. era unha oceánide de "fermosos cabelos", filla, por tanto, de Océano e da súa irmá e esposa Tetis.Hesíodo: Teogonía, p. 350Pseudo-Apolodoro: Biblioteca I 1, 2.

Seu nome alude á xenerosidade do mar. Unida con Nereo, o ancián do mar, Doris deu a luz a Glauco e ás nereidas, cincuenta fillas "expertas en obras intachébeis*".Hesíodo: Teogonía, pp. 240-264.Apolodoro: Biblioteca I 2, 6.

Hesíodo, na Teogonía, di que dúas das nereidas, Tetis e Psámate, fixeron a Doris avoa dos heroes Aquiles e Foco.Hesíodo: Teogonía, pp. 1004-1008. Outra delas, Galatea, refírese á súa nai nunha ocasión.Ovidio: Metamorfoses, XIII, 742.

Curiosamente, unha da súas fillas tamén leva o nome de Doris.Hesíodo: Teogonía, p. 250.

Eliano o Táctico engade que da unión entre Nereo e Doris tamén naceu Nerites, e que este foi o fillo máis novo de Doris.Eliano o Táctico: Sobre a natureza dos animais. XIV, 28.

Adóitase describir a Doris con epítetos como "salobre", "azul" ou "que envolve de espuma as cavernas cristalinas", pero sempre recalcando a súa natureza mariña.Ovidio: Metamorfoses XII. 742.Virxilio: Bucólicas X, 1.Estacio: Silvas III, 2, 1

Doris apenas é mencionada nos textos mitográficos, que adoitan facer fincapé no seu papel como nai das nereidas. Nas Metamorfoses menciónase até tres veces, pero nunha das pasaxes fálase acerca dos númenes mariños.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O fío de Ariadna - Doris O Proxecto Theoi - Doris

Categoría:Deusas gregas