miniatura|300px|Países participantes no torneo: Azul escuro: clasificados á fase final.Azul claro: eliminados durante o proceso de clasificación. Para a XIX Copa Mundial de Fútbol, que se realizou en Suráfrica entre o 11 de xuño e o 11 de xullo de 2010, 32 seleccións clasificáronse á fase final. As 32 seleccións dividíronse en oito grupos de catro compoñentes. De cada grupo, os dous equipos con mellor puntuación clasificáronse a unha segunda fase de eliminación directa que decidiu o gañador do campionato.

Equipos Previamente, 204 equipos inscribíronse para o proceso clasificatorio de cada continente, clasificándose finalmente 13 equipos de Europa, 3 de Norteamérica, 5 de Suramérica (incluíndo un a través da eliminatoria intercontinental con Norteamérica), 4 de Asia, 6 de África (incluíndo ao anfitrión), e un de Oceanía (a través da eliminatoria intercontinental con Asia). Destes todos, dous países participarían por primeira vez nestas instancias, aínda que cómpre mencionar que xa participara, como sucesor legal do seleccionado de Iugoslavia.

Os equipos participantes no devandito torneo son: EquipoParticipaciónsTotalCons.DerradeiraAlemaña17152006Alxeria311986Arxentina15102006Australia322006Brasil19192006Camerún612002Chile811998Corea do Norte211966Corea do Sur872006Costa do Marfil222006Dinamarca412002Eslovaquia11—Eslovenia212002España1392006Estados Unidos962006Francia1342006Ghana222006Grecia211994Honduras211982Inglaterra1342006Italia17132006Xapón442006México1452006Nixeria412002Nova Zelandia211982Países Baixos922006Paraguai842006Portugal532006Serbia1122006Sudáfrica312002Suíza922006Uruguai1112002

Lista de xogadores Cada selección estivo na obriga de presentar para a Copa Mundial de 2010 a 23 xogadores (3 dos cales deben ser porteiros). Cada federación participante ten que confirmar aos seus 23 xogadores con 10 días de anterioridade con respecto ao inicio do torneo.

Os equipos están autorizados para efectuar trocos por lesións considerábeis dos xogadores até 24 horas antes do seu partido inicial. Categoría:Mundial de Fútbol de 2010