The Legend of Vox Machina é unha serie de animación estadounidense producida por Critical Role Productions, Titmouse, Inc. e Amazon Studios. Estreouse a través de Amazon Prime Video o 28 de xaneiro de 2022. Baséase na primeira campaña da webserie Critical Role sobre Dungeons & Dragons. A serie conta coas voces de Laura Bailey, Taliesin Jaffe, Ashley Johnson, Matthew Mercer, Liam O'Brien, Marisha Ray, Sam Riegel e Travis Willingham que retoman os seus papeis de Critical Role.
A primeira tempada componse de doce episodios. Dez dos episodios da primeira tempada foron financiados a través dunha campaña de Kickstarter. En novembro de 2019, a serie foi renovada por Amazon por unha segunda tempada, mesmo antes da estrea da serie.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión de Prime Video Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América