dereita|miniatura| Edificio da Praza do Areeiro en Lisboa O estilo portugués suave foi un estilo arquitectónico promovido polo réxime portugués do Estado Novo, fundamentalmente durante a década de 1940 e principios dos 50.Fernandes, José Manuel – Português Suave: Arquiteturas do Estado Novo. Lisboa: IPPAR, 2003. ISBN 972-8736-26-6 Promovido oficialmente polo goberno portugués naquel momento como Estilo Português, fíxose máis coñecido popularmente como Português Suave despois dunha marca de tabaco do mesmo nome. Nalgúns idiomas tamén se coñece este estilo arquitectónico como "ao estilo do Estado Novo" (Estado Novo style, en inglés), pero esta última denominación non é moi correcta, xa que durante o Estado Novo aplicáronse diversos estilos arquitectónicos nos edificios públicos.

Historia miniatura| Monumento á Era dos Descubrimentos en Belém, Lisboa. Inaugurado durante a Exposición Universal Portuguesa miniatura| Palacio de Xustiza de Castelo Branco miniatura| Concello de Covilhã miniatura| Edificio bancario en Figueira da Foz dereita|miniatura| Primaria, São Brissos, Santiago do Escoural, Montemor-o-Novo. miniatura| Vivenda social en Caselas, Lisboa O Português Suave foi o resultado das ideas de varios arquitectos portugueses que, desde principios do século XX, buscaron crear "auténtica arquitectura portuguesa". Un dos mentores deste estilo foi o arquitecto Raúl Lino, creador da teoría da "casa portuguesa". O resultado desta corrente foi a creación dun estilo de arquitectura que utilizaba técnicas construtivas modernas, decorado mediante unha mestura de elementos estéticos exteriores tomados da arquitectura antiga e tradicional portuguesa.

O Estado Novo, un réxime nacionalista autoritario resultado da Revolución do 28 de maio, liderado por Oliveira Salazar, iniciou unha ampla política de obras públicas a partir dos anos trinta. Inicialmente, nos novos edificios públicos, imperaba un monumental estilo modernista, con características art déco. Porén, despois da Exposición Universal Portuguesa de 1940, cuxo arquitecto principal foi José Cottinelli Telmo, o goberno portugués comezou a preferir un estilo nacionalista para as súas novas construcións públicas.

Fóra de Portugal, este estilo tamén foi moi utilizado en edificios públicos dos territorios portugueses de ultramar en África, Asia e Oceanía. O estilo tamén foi moi popular no sector privado, utilizándose en todo tipo de edificios, dende pequenas vivendas familiares a bloques de pisos, hoteis, edificios de oficinas, naves comerciais e industriais.

O estilo foi criticado por un gran número de novos arquitectos que o acusaron de provincial e carente de imaxinación. O seu alcume, polo que se coñecía máis comunmente, "Portugués Suave", déronllo ironicamente os seus críticos, que o compararan cunha marca de cigarros do mesmo nome.

O maior golpe ao estilo foi asestado polo I Congreso Nacional Portugués de Arquitectura de 1948, o que fixo que gradualmente fose abandonado para obras públicas e privadas. A partir de mediados dos anos 50, as obras públicas patrocinadas polo Estado comezaron a utilizar estilos arquitectónicos máis modernos.

A pesar das críticas de moitos intelectuais, a arquitectura de estilo Português Suave demostrou ser popular, correspondente aos gustos dun segmento do pobo portugués. As súas características, aínda que atenuadas, volveron tempo despois, e pódense apreciar en numerosos edificios privados construídos dende os anos noventa.

Características Os edificios típicos do estilo portugués Suave utilizaron técnicas de enxeñería arquitectónica moderna, facendo uso de estruturas de formigón cunha alta calidade de construción. Porén, a diferenza dos edificios racionalistas, as técnicas e liñas modernas escondíanse baixo elementos ornamentais.

Os elementos ornamentais do estilo foron tomados da arquitectura dos séculos XVII e XVIII e dos estilos arquitectónicos rexionais portugueses. Normalmente utilizáronse elementos decorativos como rocha rugosa, tellados de tella en pico, pináculos, pilastras, balcóns, etc. Moitos, especialmente os edificios máis grandes, tamén tiñan arcos e torres rematados con símbolos nacionais como esferas armilares.

Este estilo foi implementado en todo tipo de edificios públicos, como centros de ensino dende pequenas escolas elementais rurais até grandes escolas secundarias e campus universitarios, cuarteis militares, tribunais e salas xudiciais, hospitais, casas consistoriais, edificios de Correios, bancarios, relixiosos, ou de vivendas.

Arquitectos miniatura| Torre residencial en Lisboa, de Cassiano Branco

Adelino Nunes Carlos Ramos Carlos Rebello de Andrade Cassiano Branco Cottinelli Telmo Cristino da Silva Guilherme de Rebello Andrade João Simões Jorge Segurado Keil do Amaral Pardal Monteiro Paulino Montez Raúl Rodríguez Lima Rogério de Azevedo Vasco Regaleira Veloso Reis Camelo

Galería

En Portugal

Nos antigos territorios de ultramar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arquitectura moderna Estilo internacional (arquitectura)

Bibliografía

FERNANDES, José Manuel – Português Suave – Arquitectura do Estado Novo, IPPAR, 2003 MONTEZ, Paulino – Estudo de Urbanismo em Portugal – 2 Lisboa, 1938 TOSTÕES, Ana – Os Verdes Anos na Arquitectura Portuguesa dos Anos 50 FRANÇA, José-Augusto – Lisboa: Urbanismo e Arquitectura, Livros Horizonte, 1997

Categoría:Arquitectura de Portugal Categoría:Estilos arquitectónicos