Ibidorhyncha struthersii é unha especie de ave caradriforme da familia Ibidorhynchidae, sendo o seu único membro.
Descrición Esta ave é inconfundíbel. O adulto é gris con ventre branco, patas rubias, peteiro longo e curvado cara a abaixo, a cara negra e o peito cunha banda negra. Os novos non teñen a cor negra na cara e o peito, e o peteiro é máis opaco. Os adultos en reprodución teñen unha patas rubias brillantes e nos inmaturos son de cor sepia. A pesar da súa aparencia espectacular pasa desapercibido no seu ambiente rochoso.
O seu canto é un resoante ‘kliu-kliu’ similar ao do do bilurico claro.
Taxonomía A posición taxonómica da familia é controvertida. Pode estar relacionada coas gabitas e as avocetas. Para unha clasificación alternativa dos Charadriiformes véxase a taxonomía de Sibley-Ahlquist.
Distribución Vive nas ribeiras de croios das mesetas altas de Asia Central e o Himalaia.
Comportamento
Aliméntase escaravellando co seu bico os coídos dos leitos fluviais.Marchant, J., Prater, T. & Hayman. P. 1986. Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Christopher Helm. Aniña catro ovos no chan.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Vídeos de en Internet Bird Collection.
Categoría:Caradriformes Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1832