A Tombe à la fille (tumba da moza) ou a tumba de Sainte Pataude é unha pequena tumba situada nos bosques de Teillay, Bretaña, Francia. Segundo a tradición local, alí está enterrada unha nena asasinada polos Chouan durante a Revolución Francesa. Hoxe é un lugar de gran devoción na comarca. A tumba está regularmente cuberta de flores, e adoita haber roupa de nenos colgada na vexetación circundante.

Historia A moza alí enterrada foi Marie Martin, nada en Tresbœuf e residente en Teillay; no momento da morte tiña entre 17 e 19 anos. Aínda que existen varias narracións sobre o motivo do seu asasinato, unha das afirmacións máis acreditadas é que ela indicaría aos republicanos de Bain-de-Bretagne o agocho dun grupo de chouans (ou, pola contra, se negou a indicar o agocho dos revolucionarios).

Foi capturada e torturada durante moito tempo polos chouáns, que a deixaron morrer atada a unha árbore.

A rapaza tamén é lembrada como Sainte Pataude (zoupona, torpe) polo o alcume que os chouáns daban aos republicanos en galó.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bretaña Categoría:Cemiterios de Francia