A bandeira de Turquestán Oriental (en ) ou Kökbayraq ("bandeira do ceo") é unha bandeira non oficial usada para representar a rexión de Xinjiang da China e a rexión histórica de Turquestán Oriental en Asia. A bandeira foi orixinalmente usada como bandeira nacional do breve estado separatista coñecido como Primeira República de Turquestán Oriental (1933–1934). A bandeira componse dun campo azul celeste cunha lúa crecente e unha estrela de cinco puntas brancas, e foi adoptada o 12 de novembro de 1933 como bandeira nacional durante a declaración de independencia. Agás polo fondo azul, a bandeira é idéntica á bandeira de Turquía.
Uso A bandeira é usada en tempos modernos como símbolo do independentismo de Turquestán Oriental e polo goberno no exilio como a bandeira nacional dun Turquestán Oriental independente.Constitution – East Turkistan Government in Exile . Article 4.
A cor azul clara do fondo está tomada da cor do ceo e é unha cor predominante na cultura turca que representa o ceo, esencialmente o azul representa os pobos turcos. A lúa crecente representa a noción de ser vitorioso (invencible) e non é necesariamente un símbolo islámico, de feito foron os turcos os que introduciron o crecente no mundo islámico. A estrela representa a nación turca, e tamén se atopa na bandeira do Imperio Hun Branco (heftalita) e en varios outros imperios e estados turcos.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bandeira de Turquía Ligazóns externas
Categoría:Bandeiras nacionais obsoletas Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Independentismo de Turquestán Oriental Categoría:Bandeiras da China