James Pollock, nado en Milton, Pensilvania, o 11 de setembro de 1810 e finado en Lock Haven, no mesmo Estado, foi un xurista, político e alto funcionario estadounidense, gobernador de Pensilvania de 1855 a 1858 e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos nos períodos 1861-1866 e 1869-1873.
Traxectroia
Primeiros anos e formación en dereito James Pollock naceu en Milton, no condado de Northumberland, Pensilvania, o 11 de setembro de 1810,Smith, P. (2012)."Pollock, James". Bibliographical Directory of the United States Congress. fillo de Sarah Wilson e de William Pollock.Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Páxina 134.
Na súa cidade natal asistiu á escola privada Kirkpatrick. Logo cursou estudos de Dereito na Universidade de Princeton, onde se graduou en 1831. Ingresou no Colexio de Avogados de Pensilvania en 1833,Evans, G. G. (1893). e dous anos máis tarde foi nomeado fiscal do condado de Northumberland.
Carreira política Pollock foi elixido membro da Cámara de Representantes polo partido Whing, posto que ocupou desde o 5 de abril de 1944 ao 4 de marzo de 1850. Durante este período presentou un proxecto de lei en 1848 e posteriormente encabezou un comité para favorecer a construción da liña de ferrocarril á costa do Pacífico. miniatura|263x263px|Tarxeta postal cunha imaxe da toma de posesión de James Pollock como Gobernador de Pensilvania. Posteriormente foi elixido gobernador do Estado de Pensilvania e serviu neste cargo entre 1854 e 1858, ano en que declinou presentarse á reelección para seguir dedicándose ao dereito.
Dirección da Casa da Moeda dos EEUU O presidente Abraham Lincoln nomeou a Pollock director da Casa da Moeda dos Estados Unidos en maio de 1861, nuns momentos de grande escaseza de moeda miúda no país. El foi o promotor da inclusión do lema IN GOD WE TRUST nas moedas dos Estados Unidos, que segue aínda vixente.Myers, R. A. (2020). "How did "In God We Trust" come to be on American currency? A 19th century Presbyterian played a major role". Log College Press. 25 de xullo.
O seu primeiro mandato á fronte da US Mint concluíu en setembro de 1866 e Pollock retornou á actividade privada, mais en maio de 1869 o presidente Ulysses S. Grant volveu nomealo para ocupar a dirección, posto que mantivo ata marzo de 1873. A partir deste ano, e en virtude da Lei da Moeda de 1873, pasou a ocupar o cargo de superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia ata 1879.Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Páxina 135.
Entre 1880 e 1884, Pollock serviu como funcionario naval de alfándegas e en 1886 foi nomeado Supervisor Federal Xefe de eleccións.
Entre outras entidades asociativas e académicas, Pollock ingresou en 1863 na Sociedade Filosófica Americana."James Pollock". American Philosophical Society Member History Database.
Vida persoal James Pollock era un home cunha profunda fe relixiosa e formou parte da Asociación Nacional da Reforma, que procuraba introducir unha emenda acerca da relixión na Constitución dos Estados Unidos.
Pollock casou con Sarah Ann Hepburn en 1837, con quen tivo tres fillos e cinco fillas.
Faleceu en Lock Haven, Pensilvania, o 19 de abril de 1890, e foi soterrado no cemiterio de Milton."James Pollock". Find a Grave.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Evans, G. G. (1893). "James Pollock, A.M., LL.D,". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 103. Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). "James Pollock". En Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 134-135. Smith, P. (2012). "Pollock, James". En American Numismatic Biographies. Páxina 291.
Outros artigos
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en 1810 Categoría:Finados en 1890 Categoría:Nados en Pensilvania Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América Categoría:Xuíces dos Estados Unidos de América Categoría:Gobernadores dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton