dereita|miniatura|451x451px|Fundamentos da configuración Teller-Ulam. Os raios X producidos por unha explosión de fisión primaria dirixida nun extremo dunha cámara quentan e comprimen material de combustible no outro extremo, facendo posíbel a reacción de fusión secundaria. miniatura|Edward Teller en 1958 Unha arma termonuclear é un deseño de segunda xeración de armas nucleares.
A idea básica é o uso dunha bomba atómica de fisión a modo de disparador colocada preto dunha cantidade de combustible de fusión, e o uso da “implosión de radiación” para comprimir o combustible da fusión e conseguir o seu acendido. A bomba de fisión e o combustible de fusión colócanse preto un doutro nun recipiente especial que está feito para reflectir raios X durante o maior tempo posible. O resultado é unha maior potencia explosiva cando se compara coas armas de fisión dunha soa etapa. O dispositivo coñécese de forma coloquial como bomba de hidróxeno ou bomba H, porque emprega a fusión de isótopos de hidróxeno.The misleading term "hydrogen bomb" was already in wide public use before fission product fallout from the Castle Bravo test in 1954 revealed the extent to which the design relies on fission.
A primeira proba termonuclear a grande escala foi levada a cabo polos Estados Unidos en 1952. O concepto foi empregado dende entón pola maior parte das potencias nucleares do mundo no deseño das súas armas.From National Public Radio Talk of the Nation, 8 de novembro de 2005, Siegfried Hecker of Los Alamos, "the hydrogen bomb – that is, a two-stage thermonuclear device, as we referred to it – is indeed the principal part of the U.S. arsenal, as it is of the Russian arsenal." O deseño moderno de todas as armas termonucleares nos Estados Unidos coñécese como a configuración de Teller-Ulam para os seus dous principais contribuíntes, Edward Teller e Stanislaw Ulam, quen o desenvolveu en 1951 para Estados Unidos, con certos conceptos desenvolvidos coa contribución de John von Neumann. on the Nuclear Non-Proliferation Institute website. This is the original classified paper by Teller and Ulam proposing staged implosion. This declassified version is heavily redacted, leaving only a few paragraphs. Dispositivos similares foron feitos pola Unión Soviética, Reino Unido, China e Francia.
Como as armas termonucleares representan o deseño máis eficiente para o rendemento enerxético de armas con rendementos superiores a 50 quilotóns de TNT (210 TJ). Practicamente tódalas armas nucleares deste tamaño despregadas polos cinco Estados posuidores de armas nucleares baixo o TNP utilizan o deseño Teller-Ulam. "So far as is known all high yield nuclear weapons today (>50 kt or so) use this design."
Un dispositivo termonuclear típico ten dúas etapas, unha primaria onde se inicia a explosión, e unha secundaria, onde ten lugar a principal explosión termonuclear.
A parte superior ou primaria: é a bomba de fisión (do tipo bomba A) que ó estoupar provoca un aumento de temperatura moi forte e con iso a fusión. A parte inferior ou secundaria: este é o material que se fusionará, aquí deuteruro de litio, acompañado dun núcleo de plutonio e unha envoltura de uranio. Esta parte está rodeada por unha espuma de poliestireno que permitirá un aumento de temperatura moi elevado. Finalmente, é posible utilizar unha terceira etapa, do mesmo tipo que a segunda, para xerar unha bomba de hidróxeno moito máis potente. Esta etapa adicional é moito máis grande (ó redor de dez veces máis) e a súa fusión é iniciada pola enerxía liberada pola fusión da segunda etapa. Polo tanto, podemos fabricar bombas H de moi alta potencia agregando varias etapas.https://arxiv.org/pdf/physics/0510071.pdfhttps://books.google.pl/books?id=aUk5DAAAQBAJ&pg=PT241&lpg=PT241&dq=thermonuclear+arbitrarily+high+number+of+stages&source=bl&ots=y3fH57GESs&sig=F4qT3k7qICbrNUuH85a4pXY2G9Q&hl=pl&sa=X&ved=0ahUKEwjUtfPXm7bTAhXiAJoKHftZAIkQ6AEIUjAG#v=onepage&q&f=falsehttp://citeseerx.ist.psu.edu/viewdoc/download?doi=10.1.1.261.7309&rep=rep1&type=pdf
Notas
Categoría:Armamento nuclear