Barbara Lynette Rye, nada en Perth, Australia Occidental en 1952, é unha botánica e fisióloga australiana que realiza investigacións no herbario de Australia Occidental en Kensington. Traxectoria Pasou a súa infancia en Perth investigando a flora e a fauna locais da ecorrexión do Suroeste de Australia, un punto quente de biodiversidade, e máis tarde comezou os seus estudos na Universidade de Australia Occidental. Barbara Rye entrou nos campos da zooloxía e da botánica, tendo especial interese na xenética e a bioloxía evolutiva. A súa primeira descrición dunha nova especie foi unha Darwinia, un xénero da familia Myrtaceae que Rye investigou para a súa tese de doutoramento, separando a Darwinia capitellata dun grupo máis distribuído. En 1980 defendeu o seu doutoramento en Botánica: Chromosome numbers, reproductive biology and evolution in the myrtaceae (Número de cromosomas, bioloxía reprodutiva e evolución de Myrtaceae).

É editora de Nuytsia, unha publicación sobre flora, xenética da familia Myrtaceae e taxonomía das Thymelaeaceae.

Abreviatura A abreviatura "Rye" emprégase para indicar a Barbara Lynette Rye como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

Escolma de publicacións

Kellermann J, BL Rye, KR Thiele. 2008. Nomenclatural notes, typifications and name changes in Trymalium (Rhamnaceae: Pomaderreae). Trans. Royal Society of South Australia 132: 18–28

Rye BL, ME Trudgen. 2008. Seorsus, a new Gondwanan genus of Myrtaceae with a disjunct distribution in Borneo and Australia. Nuytsia 18: 235–257

Kellermann J, BL Rye, KR Thiele. 2007. Blackallia, Serichonus and Papistylus: three closely related genera of Rhamnaceae (Pomaderreae) from south-western Australia. Nuytsia 16: 299–316

Rye, BL. 2007. A review of the sectional classification of Dicrastylis (Lamiaceae: Chloantheae) and four new arid zone species from Western Australia. Nuytsia 17: 289–324

----. 2007. Micromyrtus trudgenii (Myrtaceae: Chamelaucieae), a new species from the Blue Hill Range area of south-western Australia. Nuytsia 17: 325–330

----. 2007. New species and keys for Cryptandra and Stenanthemum (Rhamnaceae: Pomaderreae) in Western Australia. Nuytsia 16: 325–382

Shepherd KA, BL Rye, RA Meissner, JG West. 2007. Two new Western Australian species of Dodonaea (Sapindaceae) from northern Yilgarn ironstones. Nuytsia 17: 375–383

Kellermann J, BL Rye, KR Thiele. 2006. Polianthion, a new genus of Rhamnaceae (Pomaderreae) from Western Australia and Queensland. Australian Systematic Botany 19: 169–181

Rye, BL. 2006. New combinations and lectotypifications for the south-western Australian genus Astartea (Myrtaceae). Nuytsia 16: 149–156

----. 2006. A partial revision of the south-western Australian species of Micromyrtus (Myrtaceae: Chamelaucieae). Nuytsia 16: 117–147

Rye, BL. 1980. Chromosome numbers, reproductive biology and evolution in the myrtaceae. NDLTD Union Catalog

Stephen D. Hooper, Barbara L. Rye. 1982. Guide to the Gazetted Rare Flora of Western Australia. N.º 54 de Report Western Australia. Dept. of Fisheries & Wildlife. Ilustrouno Susan J. Patrick. Edición ilustrada de Dept. of Fisheries & Wildlife, 94 pp. ISBN 0724490868

Rye, BL. 1980. Commercially exploited vascular plants native in Western Australia: census, atlas and preliminary assessment of conservation status. N.º 40 de Report, Western Australia Dept. of Fisheries & Wildlife. Editor Dept. of Fisheries & Wildlife, 367 pp. ISBN 0724482490

----. 1980. Chromosome numbers, reproductive biology and evolution in the Myrtaceae. Editor Univ. of Western Australia, 768 pp.

----. 1980. Wongan Hills species. Volume 4 de Rare and geographically restricted plants of Western Australia. 264 pp.

Notas

«Barbara Lynette Rye». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario Nacional Australiano (eds.). 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Perth Categoría:Botánicos de Australia Categoría:Escritores en lingua inglesa