Dólar de prata damuller no servizo militar dos Estados Unidos180x180px180x180pxA/: Cinco mulleres con uniforme militar. Lendas: ARMY ⋆ MARINES ⋆ NAVY ⋆ AIR FORCE ⋆ COAST GUARD / LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Monumento ás mulleres militares dos Estados Unidos en Arlington. Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / WOMEN IN MILITARY SERVICE MEMORIAL / ONE DOLLAR / E PLURIBUS UNUM Valor: 1 dólar. Gravador: T. James Ferrell Datas de emisión: 1994 Ceca: US Mint:Ceca de Filadelfia ("P") e Ceca de West Point ("W"). Tiraxe: 311.138 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.
O dólar de prata da muller no servizo militar dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida en 1994 e cuñada pola Casa da Moeda dos Estados Unidos.
Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-186, do 14 de decembro de 1993,"Public Law 103-168 - DEC. 14, 1993". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa para render homenaxe ás mulleres que forman parte das Forzas Armadas dos Estados Unidos."Women in Military Service for America Memorial Dollar". United States Mint.
Este dólar insírese nunha serie de tres moedas do Programa de Veteranos de 1994, xunto con outros dous dedicados aos veteranos da guerra de Vietnam e aos prisioneiros de guerra estadounidenses."1 Dollar Women In Military Service For America Memorial". Numista.com"Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1994 Veterans Program". United States Mint.
Deseños As dúas faces desta moeda foron deseñadas por T. James Ferrell. No seu anverso reprodúcese a imaxe de cinco mulleres de perfil que representan as cinco ramas das Forzas Armadas dos Estados Unidos: Exército de Terra, Marines, Armada, Forza Aérea e Garda Costeira.
No seu reverso figura o deseño que foi aprobado para a construción do monumento dedicado ás mulleres militares estadounidenses, en Arlington, Virxinia.
Produción e comercialización A lei pola que se autorizou este dólar prevía a cuñaxe dunha tiraxe máxima de 600.000 exemplares. Na Casa da Moeda de West Point —con marca de ceca W—produciuse na súa versión estándar e na Casa da Moeda de Filadelfia —con marca P— na versión con acabamento especial (proof). En total cuñáronse 311.136 exemplares, deles 69.860 en West Point e 241.278 en Filadelfia, que estiveron dispoñibles para a súa compra a partir do 29 de xullo de 1994."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1994 Veterans Program". United States Mint.
A recadación obtida pola comercialización desta moeda conmemorativa destinouse á Women in Military Service for America Memorial Foundation, co fin de recadar fondos para erguer un monumento en homenaxe ás mulleres no servizo militar dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos
Ligazóns externas
"1994 Women in Military Service Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)
Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América