Secrets of the Saqqara Tomb é un filme documental británico de 2020 dirixido por James Tovell. O filme segue a un grupo de arqueólogos exipcios que descobren unha tumba do século -XXV na necrópole de Saqqara, xusto ó pé do Cario, a cal permaneceu agochada durante 4 400 anos.

O filme foi producido por At Land Productions e Lion Television.

Sinopse Un equipo de arqueólogos locais, liderados polo exiptólogo Mohammad Mohammad Yousef, descobre os pasadizos, pozos e tumbas nunca antes explorados dun dos descubrimentos máis importantes do Antigo Exipto xamais atopados na necrópole de Saqqara. Considerado como un dos achados máis significativos en case cincuenta anos, a tumba perfectamente conservada está ocupada por Wahtye, un sacerdote de alto rango que viviu durante a quinta dinastía de Exipto, e a súa familia. Durante a escavación o equipo atopa varios artefactos, incluíndo posesións persoais, estatuas e a momia do sumo sacerdote e a súa familia, así como un cachorro de león momificado.

Estrea O filme estreouse en liña a través de Netflix o 28 de outubro de 2020.

Notas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido