Dólar de prata do centenario dosBoy Scouts dos Estados Unidos360x360pxA/: Tres Boy Scouts en posición de saúdo. Lendas: CONTINUING THE JOURNEY / 1910 - 2010 / IN GOD WE TRUST / LIBERTY R/: Logotipo dos Boy Scout dos Estados Unidos. Marca de ceca (P). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / BOY SCOUTS OF AMERICA/ BE PREPARED / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: D. Weaver, C. Vickers (anv.) e J. Licaretz (rev.). Datas de emisión: 2010 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia ("P"). Tiraxe: 349.983 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 3,1 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2010 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 110-363, do 8 de outubro de 2008,"Public Law 110-363 - OCT. 8. 2008". Govinfo.gov pola que se creaba unha moeda conmemorativa do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos."Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar". United States Mint.

Deseño O secretario do Tesouro, Timothy F. Geithner, aprobou os deseños para o dólar conmemorativo do centenario dos Boy Scouts dos Estados Unidos o 16 de setembro de 2009, logo de consultar coa organización Boy Scout dos EEUU, a Comisión de Belas Artes dos EEUU e o Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda."United States Mint Unveils Designs for 2010 Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar Commemorative Coin". United States Mint.

Os responsables do seu anverso foron a deseñadora Donna Weaver e o gravador Charles L. Vickers. Nel represéntase en primeiro plano un "lobeto" —a rama infantil— e detrás del un Boy Scout e unha rapaza do programa Venturing —a rama xuvenil—, todos eles en posición de saúdo."1 Dollar Boy Scouts of America Centennial". Numista.com

Pola súa banda, a parte central do reverso está ocupada polo logotipo da organización Boy Scouts dos Estados Unidos.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 350.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 23 de marzo de 2010."2010 Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar Available March 23". United States Mint.

A súa produción foi de 244.963 dólares na súa condición estándar e 105.020 con acabamento especial (proof)."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2010 Boy Scouts of America Centennial Silver Dollar". United States Mint. A súa comercialización foi un éxito, de maneira que xa na primeira semana se venderan 214.673 moedas e ao pouco tempo acabou esgotándose a tiraxe máxima autorizada.

A moeda comercializouse aos prezos de 35,95 dólares en condición estándar e 43,95 en condición proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse á Fundación Nacional de Boy Scouts dos Estados Unidos, para poder financiar os seus consellos locais e estender, deste xeito, o scoutismo nas zonas de difícil acceso.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"2010 Boy Scouts Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América