A Universidade de Basilea (Universität Basel en alemán ) é unha institución pública de educación superior situada en Basilea, Suíza. Fundada o 4 de abril de 1460, é a universidade máis antiga de Suíza en funcionamento continuo. A universidade está tradicionalmente contada entre as principais institucións de educación superior do país.
Entre os nomes asociados á institución están Erasmo de Rotterdam, Paracelso, Daniel Bernoulli, Jacob Burckhardt, Leonhard Euler, Friedrich Nietzsche, Eugen Huber, Carl Jung, Karl Barth e Hans Urs von Balthasar. A Universidade de Basilea destaca actualmente pola investigación en medicina tropical. Consérase un dos berces do humanismo europeo.
Historia A Universidade de Basilea foi fundada en colaboración co Consello de Basilea. A escritura fundacional foi entregada en forma de bula papal polo papa Pío II o 12 de novembro de 1459, e a cerimonia de inauguración oficial celebrouse o 4 de abril de 1460. Orixinalmente, a Universidade de Basilea decretouse que tiña catro facultades: arte, medicina, teoloxía e xurisprudencia. A facultade de artes serviu até 1818 como base para as outras tres disciplinas académicas. No século XVIII, cando Basilea se tornou máis comercial, a universidade, un dos centros de aprendizaxe do Renacemento, case caeu na insignificancia. A matrícula, que superaba as mil en 1600, baixou a sesenta en 1785, con dezaoito mestres. Os propios profesores eran, na súa maioría, fillos da elite.
Despois de que os nazis tomaran o poder en 1933, moitos profesores alemáns de renome decidiron emigrar a Basilea e comezaron a traballar na Universidade. Tamén regresaron varios académicos suízos, entre outros, o profesor de Dereito Arthur Baumgarten (1933), os teólogos Karl Barth (1935) e Fritz Lieb (1937) e, após a segunda guerra mundial, o filósofo Karl Jaspers da Universidade de Heidelberg (1948),, así como o cirurxián Rudolf Nissen (1952).
Edificio principal da antiga Universidade de Basilea.|alt=Edificio principal da antiga Universidade de Basilea|centro|miniatura
Facultades
Facultade de Teoloxía (Theologische Fakultät) Facultade de Dereito (Juristische Fakultät) Facultade de Medicina (Medizinische Fakultät) Facultade de Filosofía e Historia (Philosophisch-Historische Fakultät) Facultade Filosófica de Ciencias Exactas (Philosophisch-Naturwissenschaftliche Fakultät) Facultade de Ciencias Económicas (Wirtschaftswissenschaftliche Fakultät) Facultade de Psicoloxía (Facultät für Psychologie)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas -Universidade de Basileia -Swiss Tropical Institute – Institución asociada á Universidade de Basileia, especializada en medicina tropical, saúde pública e infectoloxía.
Categoría:Universidade de Basilea Categoría:Basilea-Cidade