Alfredo dos Santos, máis coñecido como Alfredo II, nado no Río de Xaneiro o 1 de xaneiro de 1920 e finado o 23 de outubro de 1997, foi un futbolista brasileiro, que xogaba de centrocampista.
Traxectoria Desenvolveu case toda a súa carreira no Vasco da Gama, agás un ano co Flamengo (1949). Recibiu o alcume de "Alfredo II" dado que no Vasco xogaba outro Alfredo. Gañou con ese club cinco Campionatos Cariocas (1945, 1947, 1949, 1950 e 1952) e o Campionato Suramericano de Campións, considerado o precursor da Copa Libertadores.
Selección brasileira
Foi catro veces internacional coa selección brasileira, coa que disputou o Mundial de 1950, no que o seu equipo acabou subcampión despois de perder contra o Uruguai no célebre Maracanazo. Xogou un só partido durante o torneo, un empate a dous goles contra Suíza no que marcou o primeiro gol do encontro.
Notas
Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Vasco da Gama Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950