Vicente López Ramos, coñecido tamén como Vicente López-Veiga Ramos, nado cara a 1890 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1951, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
Estivo emigrado en Cuba. En 1929 retornou coa familia a Santiago de Compostela. Rexentou unha paquetería e camisería na praza de Cervantes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, estivo en prisión e foi procesado por masón. Finou en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1951.El Correo Gallego, 1-7-1951, p. 5.
Vida persoal Casou con Manuela Ponte Martínez e foi pai de Rodolfo e Aida López-Veiga Ponte.
Notas
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1951