Lucien Muller-Schmidt, nado en Bischwiller, Baixo Rin, o 3 de setembro de 1934 e finado o 20 de xaneiro de 2026, foi un futbolista e adestrador francés. Xogaba como centrocampista e foi internacional coa selección francesa, formando parte do equipo francés no Mundial de 1966.
Traxectoria
Como futbolista Comezou a xogar ao fútbol na súa Alsacia natal, e logo destacou no Stade de Reims, co que se coroou dúas veces campión de Francia. En 1962 fichou polo Real Madrid, co que gañou tres ligas e xogou a final da Copa de Europa de 1964, perdendo contra o Inter de Milán de Helenio Herrera. En 1965 pasou ao FC Barcelona, onde a pesar de ser anunciado como o sucesor de Raymond Kopa, as súas actuacións non foron as esperadas. Pechou a súa carreira cunha segunda etapa no Reims.
Selección francesa Internacional coa selección francesa en 16 ocasións, disputou a Eurocopa de 1960 e foi parte do conxunto francés que participou no Mundial de 1966, aínda que non chegou a debutar no torneo.
Como adestrador Trala súa retirada foi adestrador durante dúas décadas, case sempre en equipos españois. Dirixiu o Castellón, o Burgos, o Zaragoza e o Mallorca, e na tempada 1978/79 o FC Barcelona, co que chegou á final da Recopa de Europa, aínda que foi substituído por Joaquim Rifé antes do encontro final.
Fóra de España adestrou o AS Monaco durante tres anos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador na Federación Francesa de Fútbol . Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012.
Categoría:Nados no departamento do Baixo Rin Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Franceses de ascendencia alemá Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RC Strasbourg Categoría:Xogadores do Toulouse FC Categoría:Xogadores do Stade de Reims Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 1960 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Adestradores de fútbol de Francia Categoría:Adestradores do CD Castellón Categoría:Adestradores do Real Zaragoza Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Adestradores do AS Monaco FC Categoría:Adestradores do RCD Mallorca