Dólar de prata dobicentenario de West Point160x160px160x160pxA/: A Garda de Cor da Academia de West Point desfilando, coa capela e o Washington Hall ao fondo. Marca de gravador (TJF). Lendas: 1802 · LIBERTY · 2002 / IN GOD WE TRUSTR/: Logotipo do bicentenario da Academia de West Point. Marcas de ceca (W) e de gravador (JM). Lenda: 1802 WEST POINT 2002 / BICENTENNIAL / UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: James Ferrell (anv.) e John Mercanti (rev.). Datas de emisión: 2002 Ceca: US Mint: Ceca de West Point (W). Tiraxe: 391.494 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata do bicentenario de West Point é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2002 e cuñada pola Ceca de West Point.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-328, do 29 de setembro de 1994,"Public Law 103-328 - SEPT. 29, 1994. TITLE I. Sec.207". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda como tributo á Academia Militar dos Estados Unidos de West Point, Nova York, en conmemoración do bicentenario da súa fundación o 16 de marzo de 1802."West Point Bicentennial Commemorative Coin". United States Mint.

Deseño miniatura|Escudo de armas da Academia Militar de West Point, cuxo motivo central se reproduce no reverso da moeda conmemorativa

No anverso da moeda, deseñado por James Ferrell, reprodúcese unha escena da Garda de Cor da Academia Militar dos Estados Unidos de West Point desfilando con bandeiras, coa capela e o Washington Hall ao fondo. A dobre data 1802-2002 refire ao mesmo tempo ao bicentenario conmemorado e ao ano de emisión da moeda."1 Dollar White House Bicentenary". Numista.com

Pola súa banda, o reverso, obra do gravador da US Mint John Mercanti, reproduce o logotipo do bicentenario, constituído por un casco e unha espada, extraído da parte central do escudo de armas da Academia Militar de West Point.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 de exemplares. A moeda produciuse na Casa de Moeda de West Point e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 16 de marzo de 2002 ata o 16 de marzo de 2003.

A súa produción foi de 103.201 moedas na súa condición estándar e 288.293 en versión con acabamento especial (proof), o que fai un total de 391.494 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 2002 West Point Bicentennial or 2002 U.S. Military Academy Bicentennial Silver Dollar". United States Mint.

A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 37 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse á Asociación de Graduados, para financiar os programas de desenvolvemento académico, militar, físico, moral e ético do Corpo de Cadetes.

Recoñecementos O dólar de prata do bicentenario de West Point foi recoñecido co Premio Moeda do Ano 2004 á mellor moeda de módulo grande das emitidas no mundo en 2002.Scarinci, D. (2015). Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"2002 West Point Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América