Carlos Raúl Villanueva , nado o 30 de maio de 1900 en Londres e finado o 16 de agosto de 1975 en Caracas, foi o arquitecto venezolano máis destacado do século XX.

Traballos Villanueva foi un importante representante da arquitectura moderna, seguidor do racionalismo arquitectónico e aberto ás novidades estilísticas. Foi fundamental no desenvolvemento e modernización da capital Caracas, de Maracay e doutras cidades de Venezuela. Entre as súas obras máis importantes destacan a reurbanización El Silencio con 7.797 apartamentos e 207 tendas, o Museo de Bellas Artes (Caracas, 1935–1938), o Museo Jesús Soto (Cidade Bolívar, 1970) e a Cidade Universitaria de Caracas (1944–1970), o campus principal da Universidade de Venezuela, que está considerada unha obra mestra da planificación urbanística, a arquitectura e a arte modernas. O campus foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. A colaboración de Villanueva con Alexander Calder, o artista e enxeñeiro norteamericano que deseñou as famosas "Nubes flotantes" da Aula Magna da Universidade Central de Venezuela iniciou unha longa relación de traballo entre a parella, aínda que Calder só viu a sala completada unha vez, en 1955.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Universidade Central de Venezuela Aula Magna da Universidade Central de Venezuela Racionalismo arquitectónico

Bibliografía

Carlos Raúl Villanueva (1980), Textos escogidos. Caracas; Universidad Central de Venezuela Facultad de Arquitectura y Urbanismo. Centro de Información y Documentación

Ligazóns externas

Villanueva Fundación Sitio web oficial, consultado o 6 de decembro de 2012 No seu 100 Aniversario (en castelán) Patrimonio Mundial da UNESCO: Ciudad Universitaria de Caracas Covered Plaza Exposición, 'Architectural Association', Londres

Categoría:Finados en 1975 Categoría:Nados en 1900 Categoría:Personalidades de Venezuela Categoría:Arquitectos do Movemento Moderno