Manuel Díaz López, coñecido como Mataovellas, nado en Ribas de Sil cara a 1911 e finado en Lugo o 11 de maio de 1937, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Membro da Sociedade de Oficios Varios de Ribas de Sil. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de outubro de 1936. Xulgado en Lugo en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Foi fusilado en Lugo, nas tapias do cuartel da Garda Civil o 11 de maio de 1937, con Toribio Rodríguez Torres, Bienvenido Bao Fernández, José Darriba Puente, Bautista Martínez Fernández, Dionisio García Fraga, Rogelio Padín París, Albino Núñez Rodríguez, Nemesio Prieto Ferreiro, Enrique Martínez Franco e Manuel Álvarez Martínez.El Pueblo Gallego, 12-5-1937, p. 8.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en 1911