Condoleezza Rice, nada en Birmingham (Alabama) o 14 de novembro de 1954, é unha política republicana estadounidense.
Traxectoria
Formación Condoleeza naceu no Holy Family Community Hospital de Birmingham, Alabama. É filla única de John W. Rice. Jr e Angelena Ray, profesora de secundaria. Estudou na St. Mary's Academy, licenciada en artes na Universidade de Denver e doutora en Filosofía na mesma universidade en Denver.
Comezos na política Rice foi demócrata até 1982. Despois cambiou a republicana porque non estaba de acordo coa política exterior do presidente demócrata Jimmy Carter, e tamén por influencia do seu pai, que era republicano.
Carreira Foi a 66ª Secretaría de Estado dos Estados Unidos e a segunda secretaria de Estado do ex presidente George W. Bush. Ela tomou o relevo de Colin Powell o 26 de xaneiro de 2005, despois de que este renunciase. Rice foi a primeira muller afroamericana, a segunda afroamericana (despois de Powell) e a segunda muller (despois de Madeleine Albright) en servir como secretaria de Estado.
Antes de converterse en secretaria de Estado, Condoleezza Rice foi a asesora de Seguridade Nacional de Bush durante o seu primeiro mandato (2001–2005), exercendo o cargo durante os ataques do 11 de setembro. Antes de diso, foi profesora de ciencias políticas na Universidade Stanford de 1993 a 1999, onde tamén foi reitora.
Relacións internacionais esquerda|miniatura|Rice reunida co ministro S. Lavrov.
Rice foi Secretaria de Estado na década seguinte ao final da guerra fría. Tiña visitado a URSS en 1979. Aínda que deslizou certas críticas ao réxime de Vladimir Putin, en xeral mantivo boas relacións coa Federación Rusa, de quen dixo que colaboraron na chamada "guerra contra o terrorismo" e nas relacións con Oriente Medio, cando o Ministro de Exteriores Sergey Lavrov asegurou que non se oporían á resolución sobre Irán. Rice criticou máis tarde a intervención rusa en Osetia do Sur. Críticas á súa xestión esquerda|miniatura|Condoleezza Rice saúda a William Lehigh. Durante o discurso, Rice foi interrompida repetidamente polos opositores á "guerra contra o terror". Boston College. 22 de maio de 2005. As actividades de Condoleezza Rice na Administración de George W. Bush foron sometidas a unha dura crítica tanto nos EEUU como no estranxeiro.
Sobre a guerra de Iraq A senadora demócrata de California Barbara Boxer criticou a Rice en relación coa guerra de Iraq: "Persoalmente, creo -esta é a miña visión- que a súa lealdade a esta operación, a xustificación desta guerra, superou o seu respecto pola verdade." The Washington Post, 22 de xaneiro de 2005.
Na Universidade Insatisfeitos coas súas políticas tentaron impedir que Rice falase en público en institucións educativas, como a Universidade de PrincetonMichael Juel-Larsen com/archives/2005/09/30/news/13275.shtml [Estudantes e membros da comunidade protestan pola visita de Rice] (en inglés). Daily Princetonian, 30 de setembro de 2005 e o Boston CollegeSteve Almond editorial_opinion /oped/articles/2006/05/12/condoleezza_rice_at_boston_college_i_quit/ Condoleezza Rice no Boston College? Saín . The Boston Globe, 12 de maio de 2006, cuxa administración suxeriu que Rice dimitise como profesora asociada.
Sobre o Katrina Durante o paso do furacán Katrina e o agravamento da situación en Nova Orleáns, rumoreuse que Rice asistiu a unha representación en Broadway Jo Piazza e Chris Rovzar. . New York Daily News 1 de setembro de 2005. No documental do cineasta afroamericano Spike Lee When the Dams Collapsed, Michael Eric Dyson criticouna: "Ao mesmo tempo que a xente afogaba, ela camiñaba pola Madison Avenue, comprando zapatos Ferragamo. Despois foi ver Spamalot!"
Vida persoal Desde 2006 até 2011 rumoreouse que mantiña unha relación co ministro canadense Peter MacKay; Rice negou o romance pero afirmou que fora un bo amigo e grazas a el continuou no seu cargo, que ela planeaba deixar.
Tamén foi vinculada polos medios ou a opinión pública cos ministros de Relacións Exteriores italiano (Massimo D'Alema) e británico (Jack Straw) e segundo ela suxeriu despois do asasinato de Muamar al-Qadafi, o líder libio tiña unha "obsesión arrepiante" con Rice, a quen lle fixo un álbum de fotos e un vídeo dos seus encontros con Vladimir Putin e Hu Jintao, e a quen chamaba "flor negra na Casa Branca" e "princesa africana".
Participación audiovisual Rice participou no documental de 2011 Miss Representation ririxido e producido por Jennifer Siebel Newsom. A película explora como os medios principais contribúen á sub-representación das mulleres en posicións influentes ao facer circular retratos limitados e, a miúdo, despectivos delas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía do Departamento de Estado dos EUA Biografía da Casa Branca Biografía Archived da Institución Hoover Perfil de BBC News
Categoría:Nados en 1954
Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Afroamericanos Categoría:Profesores da Universidade Stanford Categoría:Alumnos da Universidade de Denver Categoría:Nados en Alabama