La Paz é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador. A capital é a cidade de Zacatecoluca. O departamento de La Paz encóntrase situado no sector centro-sur do Salvador. Os seus límites son o lago de Ilopango e o departamento de Cuscatlán polo norte, o departamento de San Vicente polo nordés e leste, os departamentos de San Salvador e La Libertad polo oeste e o océano Pacífico polo Sur.
Historia
O territorio do departamento, de acordo cos restos arqueolóxicos encontrados no sector comprendido entre os ríos Lempa e Jiboa, estivo poboado por comunidades maiances até finais do século XI. Logo produciuse a primeira migración invasora de pobos nahuas mesoamericanos.
Tras a ocupación tolteca, que tendían a mesturarse coas tribos locais, establecéronse catro séculos despois os nonualcos, pertencentes ao grupo náhua de kuskatan. A eles débeselle a fundación ou repoboación de núcleos urbanos como os de Cuyultitán, Analco, Tecoluca, Santiago, San Pedro, San Juan Nonualco, Santa María Ostuma e Zacatecoluca. Esta última poboación era, en tempos da colonia, unha das catro urbes precolombianas de maior importancia do país e, como tal, foi designada cabeceira de partido en 1786.
En 1814, a cidade de Zacatecoluca protagonizou un dos episodios máis significativos do movemento independentista salvadoreño, cando os nonualcos alzáronse en armas, tomaron a poboación e obrigaron ao seu intendente a proclamar a emancipación. Unha vez lograda esta, a crecente poboación e riqueza de Zacatecoluca determinou que en 1823 a poboación fora elevada a categoría de vila, alcanzando a de cidade en 1844.
En 1852, o goberno de Francisco Dueñas creou o departamento a partir de territorio que desde 1824 era parte do departamento de San Vicente.
Xeografía Relevo
O relevo do departamento de La Paz está determinado por unha rexión montañosa, que abrangue a súa maior parte, e unha chaira costeira. A primeira está formada polos contrafortes da cordilleira Central (La Libertad - San Salvador - San Vicente), pertencente ao Eixo volcánico salvadoreño-guatemalteco e está atravesada por varios vales fluviais. O seu máximo cumio é o volcán San Vicente ou Chichontepec, xunto o cal destacan os cerros El Volcancito e La Carbonera (os únicos que superan os 1,000 m). A chaira costeira, cunha anchura que oscila entre os 10 e 20 km, é unha planicie aluvial atravesada por unha gran cantidade de ríos, na que se encontran numerosos esteiros.
O punto máis alto do territorio atópase nas coordenadas 13.596300,-88.838114, especificamente no volcán Chinchontepec a 2.182 msnm.
Hidrografía Entre os esteiros singulares figuran os de Jaltepeque, con varias illas interiores, Limpio, Solomillo e El Esterón. Outros accidentes do litoral dominado pola chaira son as praias La Zunganera, El Pimental, San Marcelino, Las Hojas e Los Blancos, e a punta e bocana de Cordoncillo. A rede hidrográfica está composta por numerosos ríos que desembocan no Pacífico, como o Tihuapa e o Comalapa; ou integran as concas dos ríos Jiboa (emisario do lago Ilopango), como o Sepaquiapa e o Tilapa, e como tamén do Lempa.
O lago Ilopango é de orixe volcánica e no seu interior encóntrase a illa Cerro Los Patos. Con arredor de 4300 ha, é o segundo corpo de auga salobre máis grande do Salvador, así como unha das principais extensións de bosque salgado (mangleiro). Atópase na porción oriental costeira do Departamento de La Paz a uns 60 km de San Salvador, e nel áchase a zona turística de praia denominada Costa do Sol, con amplas instalacións hostaleiras, incluídas algunhas nas illas.
Completan o sistema hidrográfico do departamento as lagoas de Nahualapa, Limpia, El Gallo, Jauta, Contreras, Solomilla e El Patrono.
Clima O clima é temperado húmido na zona montañosa, con choivas que superan os 2,000 mm ao ano, e cálido e semihúmido nos vales setentrionais, o centro e a chaira litoral, con choivas de 1,500 mm anuais. A flora do departamento está representada por especies típicas do bosque húmido tropical e húmido subtropical.
División política e administrativa O departamento de La Paz comprende catro distritos e vinte e dous municipios.
Distritos O departamento está dividido en 4 distritos, que son:
Distrito de Zacatecoluca Creado no ano 1786, comprende os municipios de: Zacatecoluca (Capital o Cabecera departamental) San Juan Nonualco Santiago Nonualco San Luis La Herradura San Rafael Obrajuelo
Distrito de Olocuilta Creado no ano 1786, comprende os municipios de: Olocuilta San Juan Talpa Cuyultitán San Luis Talpa San Francisco Chinameca Tapalhuaca Distrito de San Pedro Masahuat Creado no ano 1892, comprende os municipios de: El Rosario San Pedro Masahuat San Miguel Tepezontes San Juan Tepezontes San Antonio Masahuat Distrito de San Pedro Nonualco Creado no ano 1892, comprende os municipios de: San Pedro Nonualco Santa María Ostuma San Emigdio Paraíso de Osorio Jerusalén Mercedes La Ceiba
Municipios O departamento está dividido en 22 municipios, que son:
Zacatecoluca (Capital) Cuyultitán El Rosario Jerusalén Mercedes La Ceiba Olocuilta Paraíso de Osorio San Antonio Masahuat San Emigdio San Francisco Chinameca San Pedro Masahuat San Juan Nonualco San Juan Talpa San Juan Tepezontes San Luis La Herradura San Luis Talpa San Miguel Tepezontes San Pedro Nonualco San Rafael Obrajuelo Santa María Ostuma Santiago Nonualco Tapalhuaca
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Atlas Geográfico Universal y de El Salvador, Editorial OCEANO, 1993 e 1995 ISBN 84-494-0135-6
Ligazóns externas Alcaldía Municipal de Jerusalén
Categoría:Departamentos do Salvador