Alejandra Jhonay Benítez Romero, nada en Caracas, Venezuela, o 7 de xullo de 1980, é unha política, odontóloga, modelo e esgrimista olímpica venezolana.
Carreira
Formación universitaria Obtivo o seu título de odontoloxía en 2006 na Universidade Central de Venezuela.
Modelo Alejandra Benítez foi modelo para varios xornais e revistas. Causou algunha polémica un posado semi-espida previo ao seu nomeamento como Ministra.
Traxectoria deportiva Durante a súa traxectoria deportiva obtivo numerosos títulos, entre os que destacan: Campioa do Mundo Júnior por Equipos Dijon- Francia 1999, Campionato do Mundo Júnior por Equipos, bronce en South Bend- EEUU. 2008, Subcampioa Panamericanos Sto. Domingo 2003 e Guadalaxara 2011. Participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, Pequín 2008 (en inglés) Beijing 2008: Women's Individual sabre Sports Illustrated. Consultado o 24 de xuño de 2012 Londres 2012«Alejandra Benítez y María Gabriela Martínez dirán presente en Londres 2012» El Universal. Consultado o 24 de xuño de 2012 e Río de Xaneiro 2016
Participación política
A. Benítez é membro activo do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV) da Rexión Capital (Caracas/Dtto. Capital) onde traballou en diversas tarefas organizativas e formativas.
Benítez foi nomeada deputada suplente ante a Asemblea Nacional pola rexión capital até xaneiro de 2016.«AN juramenta a la atleta olímpica Alejandra Benítez como diputada suplente (+video)» Noticias 24.com. Consultado o 24 de xuño de 2012 O 21 de abril de 2013, o presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, anunciou na televisión nacional que Alejandra pasaría a ser xefa do Ministerio do Poder Popular para o Deporte.Así luce la nueva ministra del Deporte (foto) Diario La Voz. Consultado el 21 de abril de 2013 rematando o seu mandato en xaneiro de 2014.
Vida persoal Alejandra é unha amante dos animais. A súa mascota Matheo, un can mini Yorkshire-Terrier aparecía nas súas redes sociais e perdeu a vida polo outro ataque doutro can en 2017.
Traballo social A Fundación Benítez Ven está presidida por A. Benítez e o seu principal obxectivo é axudar ás novas promesas deportivas e aos clubs e promover o deporte en colexios, comunidades, aldeas e zonas de escasos recursos de toda Venezuela, así como a través das doazóns recibidas de empresas públicas e privadas, e persoas físicas en Venezuela e fóra dela, favorecendo que os nenos e mozos sigan practicando deporte co préstamo e doazón de material de adestramento e competición.
Diversidade de xénero Alejandra Benítez é abertamente unha loitadora polos dereitos do colectivo LGBTI en Venezuela e está a favor do Matrimonio Igualitario ou entre persoas do mesmo sexo.
Muller e Deporte Forma parte do Sindicato Nacional de Mulleres UNAMUJER do seu país e loita pola igualdade de condicións das mulleres no deporte.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Alumnos da Universidade Central de Venezuela Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Políticos de Venezuela Categoría:Deportistas de Venezuela Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1980 Categoría:Feministas de Venezuela