Leite Noso é unha sociedade limitada de gandeiros galegos, constituída o 28 de agosto de 2015, para recoller e distribuír leite no mercado de xeito directo.

Historia

A sociedade foi constituída en agosto de 2015 cun capital de 3000 euros. Esta domiciliada no polígono industrial Costa Vella en Santiago de Compostela e presidida por Patricia Sánchez Lorenzo.

En setembro adxudicouse nunha poxa, por 670000 euros, as marcas Deleite e Muuu, da extinta compañía Alimentos Lácteos. Para distribuílas, a empresa conta cun acordo de subministración de leite cru coa organización de produtores Ulega, constituída por máis de 2000 gandeiros. E para o envasado, con outro con Logística Alimentaria, a propietaria da antiga planta de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei. Comercializa leite envasado na fábrica de Leite Celta en Pontedeume, mentres que a factoría de Outeiro de Rei permanece pechada.

En canto á imaxe corporativa, é de destacar o compromiso de Leite Noso coa lingua e a cultura galega. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web de Deleite

Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Arteixo Categoría:Empresas de produtos lácteos