Makarius HadadTamén Macaire, Macario, Maccario, Macarius, Macarios, Makarios e Haddad, Hadad. (en ), nado en Damasco (Imperio Otomán) en 1810 e finado o 29 de xullo de 1888, foi un relixioso melquita, synkellos do patriarca para Damasco entre 1852 e 1876. Traxectoria Naceu en Damasco en 1810. Aos 18 anos, en 1828, entrou na Orde Basiliana do Santísimo Salvador, e en 1838 foi ordenado sacerdote. Logo de ser ordenado, dedicouse a ensinar Teoloxía.
En 1852 foi nomeado synkellos do patriarca para Damasco, e consagrado bispo o 30 de setembro de 1852 polo patriarca Máximo III Madlum. Durante o seu goberno estivo ausente por dúas ocasións: na primeira delas (1857-1858) o seu substituto foi Filibus Abdu, e na segunda (1866-1875) Ambrusius Abdu. En 1862 estivo en España: hai mencións da súa presenza en Cabra, como parte dunha xira maior por Europa para recadar cartos para reedificar templos no seu país. En 1876 renunciou ao cargo para dedicarse exclusivamente á vida relixiosa. Finou o 29 de xullo de 1888.
Notas
Categoría:Nados en 1810 Categoría:Nados en Damasco Categoría:Finados en 1888 Categoría:Basilianos salvadorianos Categoría:Relixiosos católicos de Siria Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Bispos católicos de Siria