Alcarràs é un filme hispano-italiano de 2022 dirixido por Carla Simón. Está ambientado e foi rodado en lingua catalá en Alcarràs, Cataluña, cun elenco de actores non profesionais. A trama trata dun drama familiar sobre a desaparición das actividades tradicionais de recolección do pexego. Gañou o Oso de Ouro na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, converténdose no primeiro filme en catalán en facelo. Foi escollido como candidato de España para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Ambientado en Alcarràs, Cataluña, a trama consiste nun drama rural familiar sobre a desaparición das actividades agrarias, que xira en torno á intención de instalar paneis solares nunha parcela agrícola ocupada ata agora por unha horta de pexegos.

Personaxes Jordi Pujol Dolcet como Quimet Anna Otin como Dolors Xènia Roset como Mariona Albert Bosch como Roger Ainet Jounou como Iris Josep Abad como Rogelio Montse Oró como Nati Carles Cabós como Cisco Berta Pipó como Glòria

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar Bibliografía

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Carla Simón Categoría:Filmes ambientados en Cataluña Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro