Mozos sicarios (en ) é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Charles Burmeister e protagonizado por Scott Eastwood, Angela Sarafyan e Nick Chinlund. Grindstone Entertainment Group adquiriu os dereitos estadounidenses do filme, e foi distribuído por Lionsgate Home Entertainment. Eastwood interpreta a un vagabundo estadounidense contratado en México para loitar contra os cárteles da droga.

Estreouse en galego o 10 de maio de 2022 a través da TVG. Foi traducido ao galego por Adrián Ramos e o director de dobraxe foi Andrés Bellas.

Personaxes

Scott Eastwood como Mitch Davis Voz da dobraxe galega de Nacho Castaño. Angela Sarafyan como Alyssa Voz da dobraxe galega de Montse Davila. Nick Chinlund como o Capitán Voz da dobraxe galega de Matías Brea. Justin Arnold como Paul Voz da dobraxe galega de Raúl Dans. Andy Garcia como Benito Voz da dobraxe galega de Gaspar Somoza. Joe Gonzales como Bodyguard Brinlee Grace como Beth Mark Hanson como Ron Jorge A. Jimenez como Camarillo Voz da dobraxe galega de Antón López. Karina Junker como Tatiana Gomez Justin Park como Jesse Keith Poulson como Naylor Nicholas Pullara como Jack Steven Pritchard como Brad

Notas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego