Manual do Guerreiro da Luz é un libro do escritor brasileiro Paulo Coelho publicado en 1997. Foi reeditado en 2017 polo selo Paralela da brasileira Companhia das Letras. O libro aborda temas universais, entre outros, as conquistas e as derrotas, as escollas, o destino, a paixón, a esperanza ou a amizade.
Agás o prólogo e o epílogo, os contidos do libro xa foron publicados anteriormente en "Maktub", nome dunha columna que formou parte do xornal Folha de São Paulo e en diversos xornais brasileiros e estranxeiros entre 1993 e 1996.
Sinopse As mensaxes que o Guerreiro da Luz deixa neste libro poden ser lidas en calquera situación, en especial cando cómpre encontrar forza para afrontar os desafíos cotiáns.
Nalgúns momentos, o Guerreiro observa o que pasa ao seu redor como simple espectador e deixa que as cousas se resolvan de xeito natural. Noutras, procura lembrar que o Universo sempre conspira no seu favor e torna reais os seus desexos máis ocultos. Por iso, el ten tino con pensamentos que poden agochar sentimentos negativos, como a culpa, o medo, a traizón, a rabia ou a autodestrución. Porén, no canto de evitalos, alíase con eles na busca dunha vida máis pura.
O Guerreiro da Luz, en definitiva, fala da decisión de ollar a vida dende unha perspectiva realista, mais con esperanza e dozura. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras literarias de 1997 Categoría:Obras literarias en portugués